O SERGAS ADXUDICA POR PRETO DE 1,4 MILLÓNS DE EUROS A ADQUISICIÓN DE 261 DESFIBRILADORES E 27 ECÓGRAFOS DESTINADOS A CENTROS DE SAÚDE - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 12 de noviembre de 2019

O SERGAS ADXUDICA POR PRETO DE 1,4 MILLÓNS DE EUROS A ADQUISICIÓN DE 261 DESFIBRILADORES E 27 ECÓGRAFOS DESTINADOS A CENTROS DE SAÚDE



n  Este novo equipamento está incluido dentro das medidas a curto prazo comprometidas no Plan de Atención Primaria
n  Comezarán a instalarse no mes de novembro


 O Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa Comercial Hospitalaria Grupo-3, SL, a contratación da subministración de 261 desfibriladores destinados aos centros de saúde da rede sanitaria pública, por un importe total de 1.051.275 euros.  En canto aos 27 ecógrafos, adxudicáronse á firma Celta Ingenieros S.L, cun importe total de 343.035 euros.

A adquisición deste novo equipamento electromédico é un dos compromisos adquiridos polo departamento sanitario autonómico no Plan Galego de Atención Primaria, como unha das medidas a curto prazo.

Esta contratación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito da atención primaria do Sergas, mediante a renovación do material  electromédico obsoleto das consultas de atención primaria, así como a dotación do equipamento necesario de acordo coa carteira de servizos do centro.

Dos 261 desfibriladores, 44 unidades irán destinadas a centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés; 18 a centros de atención primaria da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 50 a centros de saúde da área sanitaria de Vigo; 45 a centros de saúde pertencentes á área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; 80 a centros de atención primaria da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 16 aos da área sanitaria de Ferrol e 8 a centros de saúde da área sanitaria da Coruña e Cee.

Os novos desfibriladores que se subministrarán aos centros de saúde do Sergas contan con especificacións técnicas que marcan un nivel de equipo adecuado para un centro de atención primaria, como son a alta enerxía entregadas polas pas para a desfibrilación, a adquisición de ECG (electrocardiograma) a través de pas e a través de cable de paciente permitindo a súa monitoraxe, o rexistro e o almacenamento dos sucesos (en modo manual e semiautomático), así como a incorporación de pas externas reutilizables de uso en pacientes adultos e pediátricos.

No referido aos 37 ecógrafos, 3 están destinadas a centros de saúde da área sanitaria da Coruña e Cee; 1 para a de Ferrol, 3 para a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 5 para á área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; 3 para a de Vigo; 7 para a de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e 5 para a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.


No hay comentarios:

Publicar un comentario