Luis López trasladará a unha ducia de concellos avances na recadación do IBI da AP-9 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 26 de abril de 2025

Luis López trasladará a unha ducia de concellos avances na recadación do IBI da AP-9

rexedores dos doce concellos da provincia polos que transcorre a autopista AP-9

O presidente provincial convocou o pasado venres os rexedores dos municipios polos que discorre a autopista na provincia e teñen delegado no ORAL a recadación tributaria

Hai xa un ano, Luis López comunicara que a Deputación estaba traballando para que os concellos recadaran o IBI que lles corresponden despois de que expirara a bonificación do 95 % de que se beneficiaba a concesionaria da autoestrada

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, trasladará este xoves aos alcaldes dos concellos polos que discorre o trazado da autopista AP-9 ao seu paso pola provincia e que teñen delegado no ORAL a recadación tributaria do IBI os avances conseguidos polo goberno provincial para incrementar a recadación dunha ducia de concellos.

Desde o executivo da Deputación, a través do Servizo de Xestión Tributaria que encabeza o deputado Alejandro Lorenzo, levan meses traballando para conseguir que os concellos reciban os fondos que lles corresponden despois de que expirara no ano 2023 a bonificación do 95 % da que se viña beneficiando a empresa titular da autoestrada.

En maio do ano 2024, o presidente provincial xa adiantara que a Deputación estaba traballando para incrementar a recadación dos concellos polos que pasa a AP-9. Menos dun ano despois, Luis López trasladará aos rexedores destes concellos os avances conseguidos pola xestión do goberno provincial neste asunto.

Os municipios da provincia polos que discorre o trazado da AP-9 e que teñen delegado no ORAL a recadación do IBI son Barro, Caldas, Meis, Moaña, Mos, Poio, Pontecesures, O Porriño, Portas, Tui, Valga e Vilaboa.

Desde a Deputación séguese con  moita atención todos os acontecementos que rodean a AP-9. Así, ademais do apoio do ORAL e dos servizos xurídicos para que os concellos recaden o que lle corresponden, tamén seguen a coordinar reclamacións como a gratuidade da autoestrada para treitos como o comprendido entre Pontevedra e Curro, o desbloqueo do debate no Congreso para traspasar a titularidade a Galicia ou a conxelación das subas das peaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario