A Deputación comeza esta fin de semana en Barro e Pontevedra os percorridos de agosto do programa provincial +Bosques - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 1 de agosto de 2026

A Deputación comeza esta fin de semana en Barro e Pontevedra os percorridos de agosto do programa provincial +Bosques

A Deputación comeza esta fin de semana en Barro e Pontevedra os percorridos de agosto do programa provincial +Bosques

A contorna do río Lérez e Barosa acollen novas saídas deste programa provincial que promove o contacto directo coa natureza a través da modalidade de baños de bosque

Os percorridos de agosto teñen xa todas as prazas esgotadas e para as actividades de setembro abre o prazo de inscrición o día 24 de agosto

A Deputación de Pontevedra comeza esta fin de semana, con todas as prazas esgotadas, os percorridos do mes de agosto da nova edición do programa +Bosques, unha iniciativa que promove o contacto directo coa natureza e permitirá ás persoas participantes gozar das vantaxes dos baños de bosques. As actividades terán lugar este sábado 1 de agosto na contorna do Río Lérez de Pontevedra e o domingo 2 en Barosa, en Barro, e nelas participarán un total de 60 persoas.

 

Nesta edición de +Bosques, o programa chegará a un total de sete espazos da costa e o interior da provincia ata setembro e permitirán coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade de Pontevedra. Todas as rutas proporcionarán ás persoas participantes unha experiencia de conexión directa en e coa natureza. Promoverase a estimulación sensorial con exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural da provincia.

 

Os percorridos continuarán no mes de agosto pola polo Pazo de Lourizán (Pontevedra) o 8 e 30 de agosto; pola Illa de Tambo (Poio) o 9 de agosto; por Valga o 15 de agosto, pola contorna do mosteiro de Carboeiro (Silleda) o 16 de agosto; pola contorna do río Maneses no Campo Lameiro o 22 de agosto; polo Río Lérez (Pontevedra) o día 23 de agosto; e por Barosa (Barro)  o 29 de agosto, con todas as prazas esgotadas. As datas do programa de setembro poden consultarse no sitio web institucional e a inscrición para poder participar nestas últimas saídas do programa abrirá 24 de agosto, ás 9:00 horas.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario