A Deputación aproba preto de 90.000 € do Plan +Provincia para a pavimentación de Bretoña e Monllo, en Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 26 de agosto de 2026

A Deputación aproba preto de 90.000 € do Plan +Provincia para a pavimentación de Bretoña e Monllo, en Barro

 A Deputación destina 350.000 euros para que 251 entidades sen fins de lucro da provincia realicen actividades culturais

No núcleo de Bretoña ampliarase a sección da calzada e no núcleo de Monllo mellorarase a súa resistencia coa execución dun recheo e compatación con saburra

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, confirmou este venres a aprobación dunha nova axuda de preto de 90.000 € para o Concello de Barro no marco do Plan +Provincia 2026-2027 para a pavimentación de dous camiños municipais en Bretoña e Monllo.

No núcleo de Bretoña realizaranse actuacións de mellora da recollida de augas pluviais, execución da rede de saneamento, ampliación da sección da calzada para gañar a superficie dalgúns sobreanchos e a renovación da capa de pavimento con extensión de aglomerado asfáltico en quente. Tamén se mellorará a seguridade viarial coa execución da nova sinalización horizontal e vertical no ámbito.

No núcleo de Monllo realizarase unha explanación e nivelación do terreo, executarase un recheo e compactación con saburra para mellorar a resistencia da vía e executarase a pavimentación con aglomerado asfáltico en quente. Tamén se mellorará a seguridade viaria coa renovación da sinalización horizontal e vertical e a execución dun redutor da velocidade.

“Avanzamos no reparto dos 85 millóns de € cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade”, sinalou o presidente Luis López, que lembrou que os concellos teñen “total autonomía para facer realidade as súas prioridades”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario