Luis López anuncia o reparto de 85.000 € para que clubs e federacións da contorna de Pontevedra organicen preto de 50 competicións e eventos deportivos - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 10 de noviembre de 2024

Luis López anuncia o reparto de 85.000 € para que clubs e federacións da contorna de Pontevedra organicen preto de 50 competicións e eventos deportivos

 El presidente de la Diputación de Pontevedra presenta un presupuesto de 209 millones de euros, con un enfoque especial en la cooperación con los concellos y el impulso a áreas estratégicas.


Son 51.000 € da liña 1, que permitirán organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal e de alto nivel, e 34.000 € da liña 2, para competicións oficiais doutros ámbitos territoriais e eventos deportivos

 

“As axudas, que ascenden no conxunto da provincia aos 500.000 euros, están dotadas este ano de 200.000 euros máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se sustenta en palabras, tamén en feitos”, asegurou o presidente provincial

 

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou o reparto de 85.000 euros entre clubs e federacións deportivas para que organicen preto de 50 competicións e eventos deportivos en 11 concellos da contorna de Pontevedra. O obxectivo da institución provincial con estas axudas é a promoción da práctica deportiva en Pontevedra a través dunha programación que axude a impulsar o desenvolvemento social, mellorar a calidade de vida, crear emprego e fomentar o crecemento sustentable do territorio e da súa sociedade. Ademais, con elas búscase implicar a todos axentes sociais, económicos e institucionais da provincia de Pontevedra para obter unha perspectiva ampla, multidisciplinar e plural. “As axudas, que ascenden no conxunto da provincia aos 500.000 euros,  están dotadas este ano de 200.000 euros máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se sustenta en palabras, tamén en feitos”, asegurou o presidente provincial.

 

En concreto, trátanse de dúas liñas de subvencións que permitirán subvencionar gastos federativos, de viaxe, de organización, publicitarios, sanitarios e de material e premios. Desta maneira, na contorna de Pontevedra a primeira das liñas reparte 51.000 euros entre nove clubs e federacións deportivas de tres concellos para organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacional, é dicir, campionatos ou copas de España ou do Mundo, e competicións deportivas oficiais de alto nivel. En Marín o IMUA Paddle Surf Aguete (surf) recibirá 1.471 €, o Real Club de Mar de Aguete (vela) 4.133 € e o XSM Clube Ciclista (ciclismo) 4.736 €; en Poio o Club Balonmán Poio Artai (balonmán) 2.521 € e o Club de Tenis Pontevedra (tenis) 7.598 €, e en Pontevedra o Club Taekwondo Mace-Sport (taekwondo) contará con 8.900 €, a Escola Xadrez de Pontevedra (xadrez) con 8.753 €; a Federación Galega de Atletismo (atletismo) con 5.952 € e a Federación Galega de Piragüismo (piragüismo) dous achegas por un total de 7.436 €.

 

Por outra banda, a segunda das liñas reparte 34.000€ entre 46 entidades deportivas de 11 concellos para organizar competicións deportivas oficiais e non oficiais de todos os ámbitos territoriais non incluídas na liña 1 de eventos deportivos. En Barro o Barro CF (fútbol) recibe 671 €; en Caldas de Reis o Caldas Club de Fútbol (fútbol) 475 €, o Club Acuático Umia (salvamento e socorrismo) 734 € e o Club Número Phi (taekwondo) 1.170 €; en Campo Lameiro o C. Campo Lameiro CD (montañismo) 528 €; en Cuntis o Atlético de Cuntis C.F. (fútbol) 688 €, o Club de Montaña Xesteiras (ciclismo) 634 € e a Escudería Cuntis V.T. (automobilismo) 2.295 €, e en Marín o Club Deportivo Pinarium (atletismo) contará con 847 €, o Club de Remo Ría de Marín (remo) con 619 €, a Federación Galega de Ximnasia (ximnasia) con 1.219 €, o Marín Futsal (fútbol sala) con 2.295 € e o Team Thunder (boxeo) con 551 €.

 

Ademais, tamén na liña 2 en Moraña o Moraña Club de Fútbol (fútbol) recibirá 631 €; en Poio o Club Ciclismo Tríatlon Poio (ciclismo) 1.954 €, o Club Ciclista Sameira (ciclismo) 351 €, o Club de Fútbol Base Poio (fútbol) 843 €, a Escudería Buxa Motor (automobilismo) 2.295 € e a Real Federación Galega de Fútbol (fútbol) 573 €; en Ponte Caldelas a Escudería Ponte Caldelas (automobilismo) contará con 2.295 €; en Portas a Escudería Portas Motor (rallie) con 2.295 €, e en Vilaboa o Club Ciclismo Val do Ullo (ciclismo) con 677 €. Por último en Pontevedra son 14 as entidades deportivas que recibirán unha achega nesta liña. Así, a Agrupación Deportiva A Seca (fútbol) recibirá 826 €, Aromon Pontevedra Montañeiros A Roelo (orientación) 476 €, a Asociación Boxeo de Pontevedra (kick boxing) 1.009 €, o Baloncesto Estudiantes Pontevedra (baloncesto) 374 €, o Club Baloncesto Arxil (baloncesto) 1.050 €, o Club Boa Vila de Tiro con Arco (tiro con arco) 368 €, o Club Ciclista Farto (ciclismo) 669 €, o Club de Tiro Río Lérez (tiro olímpico) 1.246 €, o Club Natación Sincronizada de Pontevedra (natación sincronizada) 459 €, o Club Treboada (ximnasia) 573 €, a Federación Galega de Orientación (orientación) 359 €, a Peña ciclista Moto Bike de Pontevedra (ciclismo) 835 €, a Sociedade Cultural Deportiva Salcedo (fútbol) 423 € e o Tenis de Mesa Monte Porreiro (tenis de mesa) 918 €.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario