- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra foi invitado polos veciños de Agudelo para analizar algúns detalles que, na súa opinión, debían ser mellorado
- A Xunta Local aprobou hoxe, ademais, as bases definitivas da zona de Perdecanai
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Barro para comprobar, xunto ao alcalde da vila, José Antonio Landín Eirín, os avances das obras da concentración parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas.
No acto o delegado territorial estivo acompañado do xefe territorial de Medio Rural, Gerardo Zugasti, así como do xefe do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Julián Alvira.
A concentración parcelaria nesta localidade estase a desenrolar en tres actuacións concretas: Agudelo-Barro-Valiñas, Curro-Portela e Perdecanai-Barro.
Cores Tourís visitou a zona en obras da primeira destas parcelarias, xa que recentemente os veciños comunicaron á Delegación Territorial algunhas incidencias no desenvolvemento dos traballos que foron apuntadas polo responsable territorial e os técnicos do Servizo de Infraestruturas para a súa solución.
Tal e como puido comprobar o delegado territorial, as obras en execución, complementarias das do acondicionamento das fincas de reemprazo, consisten basicamente na realización de ramplas de entrada ás fincas, mellora da capa de rodadura sobre 420 ml. en zahorra e reposición de servizos como regadios. “En concreto, estivemos a comprobar melloras nos accesos de varias fincas ás estradas da Deputación”, explicou Cores Tourís, quen destacou tamén o traballo desenvolvido polo Servizo de Infraestruturas Agrarias, xa que “se están a executar obras complementarias para mellorar a calidade dos servizos aos veciños, como por exemplo polo traslado dun lavadoiro”.
O importe destas obras alcanza a cantidade de 102.883,39 euros.
Perdecanai-Barro
Previamente, foron aprobadas as bases definitivas da zona de concentración de Perdecanai-Barro na reunión da Xunta Local da zona, una unha vez estudadas as alegacións presentadas ás bases provisionais, que serán publicadas no D.O.G, no concello e nos lugares de costume, sendo notificadas a cada un dos afectados.
Unha vez notificadas poderá interporse recurso de alzada ante a Consellería nun prazo de 30 días a contar ao día seguinte da súa recepción.
A zona de concentración parcelaria de Perdecanai-Barro afecta a 878 propietarios e desenvólvese sobre unha superficie de 517,9 hectáreas con 6.350 parcelas.
José Manuel Cores Tourís destacou a “aposta” que a Xunta de Galicia, “e en concreto a Consellería de Medio Rural fai por este concello xa que consideramos que é de vital importancia a reestruturación de boa parte da actividade agraria apostando polo viñedo ante a crise que afrontan outros sectores do agro”.
Agradeceu, de feito, a colaboración do alcalde da localidade, a quen felicitou “pola súa labor polo rural” convidándoo a que continúe a traballar neste senso “xa que é imprescindible a súa potenciación e desenvolvemento e máis nunha época de crise como a que estamos a vivir”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario