A Deputación levará preto de 140 espectáculos a 50 concellos da provincia da man do circuíto cultural +Escénicas - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 2 de mayo de 2025

A Deputación levará preto de 140 espectáculos a 50 concellos da provincia da man do circuíto cultural +Escénicas

Luis López: “Estou seguro de que esta segunda edición terá o mesmo ou máis éxito que a primeira e nos permitirá seguir avanzando na nosa aposta por achegar a cultura a todos os recunchos da provincia”

 A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno a programación da segunda edición de +Escénicas, o circuíto de teatro e danza posto en marcha desde a institución provincial que levará a 50 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia 136 actuacións cun investimento de 195.000 euros, 50.000 máis que o pasado ano. Unha segunda edición que, como explicou o presidente Luis López, chega despois do “éxito rotundo” da primeira edición, con máis dun cento de actividades programadas e unha excelente valoración entre o público. “Por iso este ano decidimos reforzar esta iniciativa que era, tamén, unha grande demanda do sector das artes escénicas da provincia”, remarcou o presidente.

En concreto, os concellos que se beneficiarán de +Escénicas recibirán achegas de ata 3.800 euros para programar un total de 136 espectáculos que se desenvolverán ata marzo de 2025. +Escénicas desenvólvese en réxime de cofinanciamento, facéndose cargo a Deputación desde o 90% do orzamento para os concellos de menos de 5.000 habitantes ata o 70% para os de entre 10.000 e 20.000 veciños.

“Estou seguro de que esta segunda edición do circuíto terá o mesmo ou máis éxito que a primeira e nos permitirá seguir avanzando na nosa aposta por achegar a cultura a todos os recunchos da nosa provincia”, remarcou o presidente provincial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario