A institución provincial destinará 215.000 € para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 290.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios en 10 concellos
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas por valor de preto de 510.000 euros do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para 10 concellos de menos de 20.000 habitantes da contorna de Pontevedra. Trátase de 215.000 € para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 290.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.
En concreto, dos 215.000 euros para sufragar o SAF, un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu medio inmediato, A Lama recibe 27.824 €, Barro 19.562 €, Caldas de Reis 23.865 €, Campo Lameiro 13.807 €, Cuntis 26.508 €, Moraña 9.419 €, Poio 34.460 €, Ponte Caldelas 25.362 €, Portas 22.300 € e Vilaboa 13.611 €. Ademais, os 292.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios divídense en 9.753 € para A Lama, 19.562 € para Barro, 41.757 € para Caldas de Reis, 9.753 € para Campo Lameiro, 32.004 € para Cuntis, 20.879 € para Moraña, 75.054 € para Poio, 41.757 € para Ponte Caldelas, 20.879 € para Portas e outros 29.879 € para Vilaboa.
No conxunto da provincia, a institución provincial aprobou un total de 3 millóns de euros para axudar ao concello a sufragar ambos servizos, unha cifra que se reparte entre 1,2 millóns para o servizo de Axuda no Fogar e outros 1,8 millóns que lles permitirán cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario