A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera, visitou hoxe a actuación realizad
― A intervención desenvolveuse nun tramo de medio quilómetro da estrada, entre o cruce coa estrada PO-310 e o cruce coa variante norte de Poio (VG-4.8), co obxectivo de contribuír á mellora de seguridade, especialmente para os peóns
― A conselleira destacou a actuación realizada como “un proxecto transformador” e “un claro exemplo da importancia de investir nas infraestruturas viarias” para garantir a seguridade e a mobilidade sostible
― Para facilitar a mobilidade peonil nesta contorna, ao carón do colexio de Campañó, executáronse sendas peonís en ambas marxes da estrada, a fin de garantir os desprazamentos seguros dos escolares
― As actuacións realizadas incluíron a execución de glorieta de 32 metros de diámetro para favorecer as manobras de cambio de sentido, calmar o tráfico e mellorar a seguridade viaria deste tramo
. A Xunta vén de rematar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-531 ao seu paso por Campañó, en Pontevedra, nas que a Administración autonómica investiu un orzamento de 862.000€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou hoxe a actuación realizada.
A intervención desenvolveuse nun tramo de medio quilómetro da citada estrada que conecta Pontevedra con Vilagarcía de Arousa, á altura da parroquia pontevedresa de Campañó. En concreto, no treito entre o cruce coa estrada PO-310 e o cruce coa variante norte de Poio (VG-4.8), co obxectivo de contribuír á mellora de seguridade, especialmente para os peóns.
A conselleira destacou o resultado da actuación, que definiu como “un proxecto transformador” e “un claro exemplo da importancia de investir nas infraestruturas viarias” para garantir a seguridade e a mobilidade sostible.
As actuacións realizadas incluíron a execución de glorieta de 32 metros de diámetro para favorecer as manobras de cambio de sentido, calmar o tráfico e mellorar a seguridade viaria deste tramo, así como a mellora das principais interseccións con outros viarios como a PO-310, o viario municipal de acceso ao colexio de Campañó. Tamén se renovou a capa de rodadura da calzada en todo o trazado.
E, para facilitar a mobilidade peonil nesta contorna que está ao carón do colexio de Campañó, executáronse sendas peonís en ambas marxes da estrada para garantir eses desprazamentos seguros dos escolares. Tamén se acondicionaron as 3 paradas de autobús existentes e dúas zonas de aparcamento para dar servizo ao centro escolar.
Allegue subliñou o firme compromiso da Xunta para acadar unhas estradas cómodas, seguras e sostibles na comunidade, reflectidas en planificación e investimentos. Deste xeito, lembrou que na citada estrada PO-531 a Xunta vén de actuar nos últimos dez anos con investimentos por 5,3M€ entre Pontevedra e Curro, para melloras da seguridade viaria no acceso ao polígono de Sequeiros, na Devesa, para sendas como a da Devesa ou reforzos de firme.
No marco desa planificación, a Administración autonómica está a transformar os accesos dos viarios autonómicos a Pontevedra. Ademais desta estrada PO-531 a Vilagarcía, actúase na PO-308 a Poio e Sanxenxo, na PO-546 (estrada vella a Marín), en Xeve (PO-223 e PO-224), ou cos reforzos de firme que se levarán este verán na PO-532 e PO-542.
No hay comentarios:
Publicar un comentario