A XUNTA INICIA A MELLORA DE FIRME EN 5 ESTRADAS AUTONÓMICAS DAS COMARCAS DO SALNÉS, PONTEVEDRA E CALDAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 24 de agosto de 2020

A XUNTA INICIA A MELLORA DE FIRME EN 5 ESTRADAS AUTONÓMICAS DAS COMARCAS DO SALNÉS, PONTEVEDRA E CALDAS






§  A actuación, cun investimento de preto de 1 millón de euros, ten un prazo de execución de 6 meses

A Xunta vén de comezar as obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas.
Esta intervención, cun investimento de preto de 1 millóns de euros, terá un prazo de execución de 6 meses.
As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-301, PO-529, PO-530, PO-531 e V.G-4.7, ao seu paso polos concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Barro e Meis.
Os traballos consisten na rehabilitación do firme e a reposición da sinalización en varios treitos destas estradas. Así, na PO-301, que comunica as localidades de Ponte Arnelas e Vilagarcía de Arousa, os traballos centraranse nos treitos entre os puntos quilométricos  0+019 e 1+169; 2+262 e 6+589; e do 1+241 ao 2+262.
Na estrada PO-529, que conecta a estrada PO-549 coa VG-4.3, nas proximidades de Vilagarcía de Arousa, actuarase na glorieta de conexión coa PO-549, xunto cos seus ramais de acceso e os 211 primeiros metros do tronco.
No caso da PO-530, que une a estrada PO-549 coa VG-4.3, á altura da Illa de Arousa, a intervención centrarase en dous treitos, o que vai do punto quilométrico 0+071 ao 0+982 e do 1+137 ao 2+265.
Na estrada PO-531, que conecta as localidades de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, actuarase nos treitos entre os puntos quilométricos 9+500 e 10+200 e do 11+773 ao 18+744.
Finalmente, actuarase na V.G-4.7, vía de alta capacidade que circunvala Vilagarcía polo este desde a glorieta do enlace coa PO-531 e a N-640 ata Carril. En concreto, os traballos realizaranse no carril dereito, entre os puntos quilométricos 7+318 e 7+475, e no carril esquerdo, entre o 7+320 e 7+483.

No hay comentarios:

Publicar un comentario