Luis López anuncia “+Emprega nos concellos” que ten un orzamento de 2,1 millóns de euros para dotar aos mozos da provincia dunha primeira experiencia profesional - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 29 de julio de 2024

Luis López anuncia “+Emprega nos concellos” que ten un orzamento de 2,1 millóns de euros para dotar aos mozos da provincia dunha primeira experiencia profesional

 Emprego, desenvolvemento económico e innovación - Diputación de Pontevedra  - DEPO

O proxecto desenvolverase entre 2024 e 2025 e promoverá 128 contratacións laborais baixo a modalidade de contrato formativo nos concellos de menos de 50.000 habitantes

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López anunciou hoxe que a Xunta de Goberno provincial acaba de dar luz verde ao proxecto “+Emprega nos concellos” que, cun orzamento de 2,1 millóns de euros para os anos 2024 e 2025, busca dotar a mozos desempregados dunha primeira experiencia profesional. Esta iniciativa, que se pon en marcha o abeiro do novo programa “+Emprega”,  aprobado hai unhas semanas, busca promover a inclusión social, así como o desenvolvemento económico e social da provincia, a través da mellora da empregabilidade dos cidadáns. 

En concreto, o proxecto incluirá 128 contratacións laborais baixo a modalidade de contrato formativo nos concellos de menos de 50.000 habitantes que se repartirán da seguinte maneira: os doce concellos con ata 3.000 habitantes terán á súa disposición un contrato; os 25 de 3.001 a 10.000, un máximo de dous, e os 22 de 10.001 a 50.000, poderán solicitar ata tres.

En canto á contía máxima da achega que se concederá por cada contrato formativo, dependerá do nivel de estudio. No caso dos postos que requiran licenciatura, grao ou diplomatura, o máximo mensual será de 1.400 euros, 16.800 euros anuais; nos ciclos superiores de Formación Profesional, de 1.200 € ao mes e 14.400 € ao ano, e para os ciclos medios de Formación Profesional 1.000 € ao mes e 12.000 anuais. En calquera caso, o salario non poderá ser inferior ao 70 % para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente ao nivel de estudos e funcións desempeñadas. Agora, unha vez publicadas as bases abrirase unha primeira fase de selección dos concellos, e despois chegará unha segunda de selección das persoas beneficiarias dos contratos formativos.

“Seguimos sumando e avanzado con proxectos para fomentar o emprego que supoñen, tamén, mellorar a calidade da vida da veciñanza de Pontevedra. Esta é a maneira de que a provincia siga indo a máis”, asegurou Luis López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario