A Deputación activa o programa +Rueiro, dotado con 1,5 millóns de euros para transformar e modernizar o padrón municipal de 59 concellos da provincia - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 25 de julio de 2025

A Deputación activa o programa +Rueiro, dotado con 1,5 millóns de euros para transformar e modernizar o padrón municipal de 59 concellos da provincia

 


O deputado Javier Tourís mantivo unha xuntanza cos concellos da provincia para divulgar este novo proxecto que permitirá dotar a cada municipio dunha base de datos de vivendas xeolocalizadas e unificada a nivel nacional

 

“Imos crear unha plataforma de numeración dixital das vivendas, para que cada un dos concellos poida xestionar o seu rueiro e mantelo actualizado”, explicou Tourís

 

A Deputación activa o programa +Rueiro, dotado con 1,5 millóns de euros para transformar e modernizar o padrón municipal mediante a elaboración dun censo de vivendas en 59 concellos da provincia. O deputado de Fondos Europeos, Javier Tourís, mantivo unha xuntanza cos concellos da provincia para divulgar este novo proxecto, financiado ao 100% polos fondos NextGeneration, que permitirá dotar a cada municipio dunha base de datos de vivendas xeolocalizadas e unificada a nivel nacional.

 

“Buscamos brindarlles ferramentas eficaces aos concellos, adaptadas ás súas circunstancias, para facilitarlles a realización de xestións, estar máis preto da cidadanía e ofrecerlles unha resposta máis rápida” detallou o deputado quen tamén engadiu que con +Rueiro “imos crear unha plataforma de numeración dixital das vivendas, para que cada un dos concellos poida xestionar o seu rueiro e mantelo actualizado”. Deste xeito, a nova ferramenta suporá a creación dunha base de datos final de máis de 342.000 vivendas, 221.000 fogares e 570.000 persoas que se plasmará nunha plataforma cos datos de cada un dos concellos. “Sen dúbida algunha –manifestou Tourís- unha ferramenta que nos vai permitir seguir avanzando no noso compromiso co municipalismo, para que cada vez se reduza máis a fenda tecnolóxica que existe nos concellos e poidamos avanzar na transformación dixital e na modernización da provincia”.

 

+Rueiro dá resposta a unha demanda municipal histórica, sobre todo entre os municipios máis pequenos da provincia. O seu principal obxectivo é que cada municipio dispoña dunha base de datos de vivendas, que estará ademais unificada a nivel estatal, na que cada vivenda contará cun identificador baseado na referencia catastral e que permitirá, á súa vez, xeolocalizalas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario