A actuación, financiada integramente cos recursos provinciais, permitirá ofrecer un espazo máis seguro e moderno e adaptar o espazo á normativa de seguridade
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno unha achega por valor de máis de 105.000 euros no marco do Plan +Provincia 2026-2027 para o Concello de Barro. O presidente provincial, Luis López, anunciou que os recursos provinciais permitirán financiar integramente a renovación integral do parque infantil de Santo Antoniño. “A cada semana que pasa, máis avanzamos no reparto dos 85 millóns de € cos que conta este plan, que é fundamental para que Pontevedra sexa na que se presten servizos públicos de calidade”, sinalou Luis López.
A actuación ten o obxectivo de mellorar a calidade de vida das familias deste núcleo ofrecendo un espazo máis seguro e máis moderno para os menores, ademais de adaptar o parque á normativa vixente de seguridade de xogos infantís.
As obras consistirán na retirada dos xogos existentes, na retirada do pavimento de caucho continuo e céspede artificial, a demolición da soleira de formigón e o borde para a preparación da superficie e a execución dunha nova, a restauración da varanda e a execución dun acceso en zigzag, a instalación dos novos elementos de xogo e mobiliario urbano, a execución dun pavimento de caucho continuo que absorbe os impactos e a instalación dun pavimento de céspede artificial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario