A conselleira de
Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, remitiulles unha misiva explicando
ditos incentivos
§
As bonificacións aplicadas
ao prezo do solo e as novas fórmulas xa posibilitou que, entre 2015 e 2016, se
adxudicaran preto de 640.000 m2 de solo empresarial para o
desenvolvemento de proxectos que prevén mobilizar 360 millóns de euros e xerar
12.000 empregos
§
Sublíñase a aposta do
Goberno galego polo desenvolvemento económico e social de Galicia, empregando
todas as ferramentas, entre as que se atopa a promoción de solo empresarial nas
condicións máis vantaxosas posibles aos emprendedores
§
Para competir de forma
efectiva con Portugal, tamén se está a ofrecer a posibilidade de adxudicación
de solo empresarial en dereito de superficie, para que os interesados so paguen
un canon simbólico anual
A conselleira
de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, remitiulle unha misiva ás
asociacións de empresarios de Galicia informando das medidas que está a poñer a
Xunta para adquisición de solo empresarial, ofrecendo ás empresas, solo
urbanizado, dotado dos servizos necesarios e ben comunicado por vía terrestre,
aérea e marítima, nas mellores condicións do mercado, grazas á aplicación de
bonificacións de ata o 50 % no prezo de venda do solo empresarial.
Estas medidas posibilitaron que,
entre 2015 e 2016, se adxudicaran preto de 640.000 m2 de solo empresarial
para o desenvolvemento de proxectos que prevén mobilizar 360 millóns de euros e
xerar 12.000 empregos.
Dende a Xunta, sublíñase a aposta do
Goberno galego polo desenvolvemento económico e social de Galicia empregando
todas as ferramentas de que dispón, entre as que se atopa a promoción de solo
empresarial nas condicións máis vantaxosas posibles aos emprendedores.
Nesta liña de cooperación impulsada
polo Executivo autonómico e para competir de forma efectiva con Portugal, dende
o Executivo autonómico tamén se está a ofrecer a posibilidade de adxudicación
de solo empresarial en dereito de superficie, para que os interesados so paguen
un canon simbólico anual, coa posibilidade de adquirir o solo nos 10 primeiros
anos da adxudicación, descontando do prezo o 40 % do pagado en concepto de
canon, o que supón, un alugueiro simbólico con dereito de compra.
Na carta que remitiu a conselleira
de Infraestruturas e Vivenda ás asociacións de empresarios dos polígonos tamén
se destaca que as medidas non serven se non se coñecen, polo que se está a
informar sobre as posibilidades que ofrece a medida implantada, porque permite
ás empresas concentrar os seus investimentos iniciais na construción e dotación
das súas instalacións produtivas, sen ter que preocuparse polo investimento
necesario na adquisición de solo, posto que o canon por metro cadrado vai dende
0,30 euros por metro cadrado e ano.
Na carta achegase un folleto
informativo coas condicións da adxudicación de solo empresarial, tanto en
compravenda como en dereito de superficie, indicando o solo dispoñible e os
prezos e pódese ampliar a información en Xestur, no teléfono 981 151 464
extensión 04.
No hay comentarios:
Publicar un comentario