Dí o refraneiro popular, que unha cousa é predicar e outra dar trigo, e polo visto no Concello de Barro, o equipo de goberno empeza a afrontar os primeiros problemas reais e serios de enfrontarse coa cidadanía.
Un conflicto de intereses, no que o actual tenente alcalde do Concello de Barro, o socialista José Sanmartín, incurre xa que tamén é presidente do Barro CF, e que faría peligrar o pacto de goberno, ao ceder o uso dunhas instalacións que non son propiedade privada, e sí o son pública, e dicir de tódolos veciños de Barro.
Así é como comeza o culebrón do equipo de fútbol Estrella Dorada de San Antoniño, que José Sanmartín vetou para utilizar este campo de fútbol do Outeiro, e que o alcalde do BNG, Fernández Abraldes, ten que saír a defender para non poñer en peligro o pacto de goberno.
Caprichos, rencillas e outros calificativos, foron os que utilizaron varios membros do equipo Estrella Dorada, para referirse a unha situación que non ven lóxica, e da que só reclaman como veciños de Barro unha cousa: Utilizar unhas instalacións públicas ao ser unha entidade social do Concello.
Un membro da directiva confirmou a Voz de Barro, que "son uns sectarios, o que tanto criticaban do anterior alcalde, polo visto, agora só queren que participen os afíns aos seus grupos de amigos e partidos políticos".
Tamén sinalou que "Sanmartín mezcla a política, por ser concelleiro, con ser presidente do Barro, e non quere ver que hai unha línea que non se debe pasar, e él non deixa de facelo contínuamente, no propio interés político. Así nos vai en Barro agora".
No hay comentarios:
Publicar un comentario