A Xunta inicia os estudos para que Pontevedra teña transporte metropolitano - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 18 de noviembre de 2016

A Xunta inicia os estudos para que Pontevedra teña transporte metropolitano



O proxecto, que estará listo a mediados de 2017, permitirá aos veciños menores de 19 anos viaxar gratis en autobús nas liñas interurbanas ►O Concello será invitado a participar no plan, que incluirá os servizos de taxi a demanda previstos para o rural e os municipios da comarca

A Xunta está a piques de iniciar os estudos para que Pontevedra teña o seu propio plan de transporte metropolitano. Responsables da Consellería de Infraestruturas confirmaron onte que o proxecto, o último das sete grandes cidades galegas que faltaba por desenvolver, estará listo a mediados do ano que vén.
Unha empresa externa será a encargada de deseñar este programa, que dará servizo a nove municipios: Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Soutomarior e Vilaboa. Os traballos, que na fase de licitación foron valorados en algo máis de 80.000 euros, permitirán coñecer a demanda de transporte público regular na capital provincial e a súa área de influencia, o custo da implantación do servizo e a porcentaxe de subvención dos billetes de autobús.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/nova/624790/xunta-inicia-os-estudos-para-que-pontevedra-tena-transporte-metropolitano

No hay comentarios:

Publicar un comentario