Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 4 de noviembre de 2016

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE SALIENTA A NECESIDADE DE AUMENTAR AS DOAZÓNS DO GRUPO CERO NEGATIVO




  • As reservas do coñecido como “doador universal” teñen diminuído nas últimas semanas debido a un incremento na demanda de compoñentes sanguíneos deste grupo por parte dos hospitais galegos

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) salienta a necesidade de incrementar as doazóns do grupo sanguíneo Cero Negativo, popularmente coñecido como doador universal, xa que este grupo  pode  recibilo calquera doente, sendo o máis utilizado no tratamento das urxencias.

ADOS salienta que, diariamente, son necesarias 500 doazóns de sangue para garantir o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos nosos hospitais aínda que no transcurso das últimas semanas detectouse un aumento da demanda de compoñentes sanguíneos do Cero Negativo, por mor da coincidencia de intervencións cirúrxicas, transplantes... de doentes pertencentes a este grupo que fixo diminuír as reservas. Neste sentido, lembrar que aínda que o grupo Cero Negativo pode utilizarse no tratamento de calquera enfermo, só pode recibir do seu propio grupo.

Como dificultade engadida para aumentar o volume de doazóns, salientar que só un 8% dos doadores e doadoras galegas son Cero Negativo. Por este motivo, ADOS fai un chamamento apelando á solidariedade e xenerosidade do colectivo de doadores e doadoras Cero Negativo para incrementar, nos vindeiros días, o volume de doazóns xa que a súa participación é vital para moitos enfermos.

Desprazamentos
As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán no que resta de semana, preto de vinte concellos galegos para acadar a cifra de 500 doazóns diarias pero, tamén, para facilitar o acceso dos cidadáns que posúen o grupo sanguíneo que os acredita como doadores universais, a súa inestimable participación

ADOS agarda, nesta oportunidade, contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:

DATA
CONCELLOS
Xoves 3 de novembro
Praza Conchiñas (A Coruña), Carballo, Pontedeume, Facultade Químicas e Esc. Enxeñaría Técnica Superior (Santiago), IES Muralla Romana e Barrio A Piringalla (Lugo), Gas Natural Fenosa e Barrio Estación (Ourense), Cangas do Morrazo, F. Ciencias da Educación e do Deporte (Pontevedra) e Tomiño
Venres 4 de novembro
Arteixo, Carballo, Cedeira, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Viveiro, Verín, Cangas do Morrazo, Lalín e Moaña
Sábado 5 de novembro
Arteixo, Ribeira, Viveiro, Cangas do Morrazo e Lalín
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE  OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario