Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 31 de julio de 2019

La Xunta concede más de 72.000 euros a Cuntis,Caldas, Moraña, Barro, Portas y Catoira para el servicio de Atención Temperá




La Xunta de Galicia aprobó la ayuda para la red de Atención Temperá que se desarrolla en los municipios gallegos, a través de la cual concederá al Concello de Cuntis una aportación de 72.118,37 euros. De este modo impulsará este servicio mancomunado del que también se podrán beneficiar los vecinos de Caldas, Moraña, Barro, Portas y Catoira, además de los cuntienses.
Será Cuntis el coordinador de este programa que se realiza en las instalaciones situadas en el polígono de A Ran, en la parroquia de Santa María. La red de Atención Temperá mancomunada cuenta con tres profesionales que atienden a 56 niños de la comarca, en un servicio que resulta esencial para el sistema educativo y que afecta también al sistema sanitario y a los servicios sociales. Este servicio está destinado a menores con edades desde los 0 a los 6 años. A través de este programa se identifican los trastornos que puedan padecer los menores, de manera que se puedan prevenir y poner en marcha tratamientos precoces para atender aquellas necesidades concretas que presenten. Según apuntan desde el gobierno de Cuntis, esta subvención "consolida" el servicio que arrancó inicialmente con financiación de los Concellos.

https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2019/07/18/xunta-concede-72000-euros-cuntis/2141759.html

martes, 30 de julio de 2019

28 ACCIÓNS FORMATIVAS EN 12 CONCELLOS DA PROVINCIA, NO MARCO DE “LABORA 2020” PARA FAVORECER A INSERCIÓN LABORAL




A Deputación de Pontevedra destina case un millón e medio de euros ao servizo de formación que vai desenvolver itinerarios integrados e personalizados

Ao redor de 420 persoas vanse beneficiar desta iniciativa que ten por obxectivo mellorar a formación e a integración das persoas desempregadas en situacións vulnerables

A Deputación de Pontevedra  vén de anunciar en rolda de prensa da aprobación, en Xunta de Goberno, da adxudicación da contratación do servizo de formación no marco de proxecto “Labora 2020”, que comprende o desenvolvemento de 28 accións formativas, que están agrupadas en 22 lotes, con 7 itinerarios diferentes. En total, a institución provincial destina preto dun millón e medio de euros, concretamente 1.473.757,20 euros.

Máis polo miúdo, vanse beneficiar deste programa 12 concellos da provincia entre os que se atopan Barro, Lalín, Cambados, O Porriño, O Grove, Ponteareas, Vigo, Pontevedra, Tomiño, Soutomaior, Cangas e Vilagarcía de Arousa. Neste eido, os itinerarios que se van levar a cabo son “Actividades auxiliares e de almacén”, que terá lugar en Barro, Lalín, Cambados e O Porriño; “Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”, no Grove, Ponteareas e Vigo; “Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil”, tamén no Grove, en Pontevedra e en Vigo (estes dous últimos concellos contarán con dúas edicións) ; “Socorrismo en instalacións acuáticas”, en Pontevedra e Vigo; “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”, terá dúas edicións en Tomiño; “Operacións básicas de restaurante bar”, terá lugar en Cambados, Soutomaior e en Vigo con dúas edicións; e, por último, “Competencias clave para a obtención do nivel 2 (galego, lingua e matemáticas)”, será en Cangas, Lalín, O Porriño, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo (estas dúas últimas contan con dúas edicións). Carmela Silva fixo fincapé en que “eliximos estes itinerarios porque, atendendo ao INEM, son unha demanda relevante que hai destes postos de traballo”.

Tal e como sinalou a presidenta, amais da formación específica, o proxecto inclúe en cada un dos itinerarios xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas e accións específicas en igualdade e non discriminación, así como en desenvolvemento sustentable. Pola súa banda, todos os itinerarios que conducen á obtención de certificados de profesionalidade contemplan, tamén, a realización de prácticas profesionais non laborais. As accións formativas, que se van realizar a finais deste ano e principios do ano que vén, terán un mínimo de 10 participantes e un máximo de 15, o que supón que ao redor de 420 persoas se poderán beneficiar de “Labora 2020”. Neste eido, Silva tamén enxalzou que “as persoas que participen en Labora 2020 terán dereito, ademais da formación que é o peso real deste proxecto, a recibir algunha axuda económica se carecen de rendas ou ingresos que sexan de calquera natureza igual ou superior en cómputo mensual ao 75% do indicador público de rendas de efectos múltiples, o que se coñece como IPREM”.

O proxecto, que ten un orzamento total de 5 millóns de euros e conta cunha financiación do Fondo Social Europeo 2014-2020 de preto de 4 millóns, ten por obxectivo mellorar a formación,  e a empregabilidade na provincia. Así, “Labora 2020” está dirixido a persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego e que pertenzan a colectivos vulnerables (persoas desempregadas de longa duración, mozas e mozos menores de 30 anos, persoas maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, e minorías étnicas e comunidades marxinadas).

lunes, 29 de julio de 2019

Xunta de Galicia:COMPARTE SAUDE. #SúmateDoaSangue SEMANA 29 XULLO 2019 Ó 04 AGOSTO 2019.PROVINCIA: PONTEVEDRA

Seguindo coa nosa colaboración coa ADOS , Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, dentro da campaña "COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE", publicamos a ubicación das UM de Doazón de Sangue para esta semana. E xa sabedes, doade sangue.É compartir saude. #SúmateDoaSangue