O
programa desenvolverase entre setembro e decembro e inclúe programas de
asesoramento persoal, cursos de formación e acceso aos laboratorios do Viveiro
As persoas
emprendedoras interesadas poderán solicitar a súa praza ata setembro na web https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/pontevedra-4a-edicion
A Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización
Industrial (EOI), co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, lanzan a última
convocatoria para participar no coworking do Viveiro de empresas de Barro. A través
desta iniciativa darase cabida, de xeito gratuíto e entre setembro e decembro
de 2019, a 20 proxectos emprendedores da provincia en fase temperá de
desenvolvemento ou creados recentemente. O prazo para presentar a solicitude
(dispoñible en https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/pontevedra-4a-edicion)
permanecerá aberto dende hoxe ata os primeiros días de setembro.
A través desta convocatoria as persoas beneficiarias disporán
dun espazo de traballo gratuíto así como dun programa de asesoramento
personalizado impartido por persoal experto, formación para potenciar as
competencias en emprendemento e en xestión de proxectos e acceso aos
laboratorios de fabricación dixital que se atopan no mesmo centro. En concreto,
acompañarase ás persoas emprendedoras ao longo do proceso, desde o deseño
do modelo de negocio ata a súa posta en
marcha e optimización. Máis polo miúdo, axudarase ás persoas emprendedoras a
validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as
habilidades necesarias para poñelo en marcha. Deste xeito, poranse en marcha
sesións de formación sobre Lean Start Up, crowfunding, estratexias de
comunicación en redes sociais, creatividade e innovación,a posta en marcha dun
plan de marketing dixital, finanzas, habilidades de comunicación e xestión do
talento.
Por outro lado, celebraranse diferentes actividades
encamiñadas a potenciar o networking e compartir boas prácticas, contando coa
experiencia doutras iniciativas emprendedoras, persoas expertas e empresariado.
Amais, como peche da edición celebrarase un Demo Day durante o cal se
presentarán os proxectos participantes no espazo coworking.
As e os participantes no coworking terán acceso tamén de
maneira gratuíta ao FabLab (Laboratorio de Fabricación Dixital) da Deputación
de Pontevedra, situado no mesmo espazo do viveiro de Barro e que conta cun
equipamento de fabricación dixital integrado por: impresoras 3D, escáneres 3D,
kits de Arduino, fresadora de madeira, soldadores de electrónica, material
electrónico diverso, utillaxe, etc. Nestes laboratorios desenvolveranse unha
completa programación de talleres específicos de fabricación dixital para
promover o coñecemento e uso desta tecnoloxía. Desta maneira, calquera
emprendedor ou emprendedora que o precise, poderá experimentar e prototipar o
seu deseño.
O obxectivo principal do coworking é fomentar o
emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos emprendedores
que participen nestes espazos compartidos nun período limitado de tempo,
identificando os proxectos con máis potencial de desenvolvemento. Desta forma,
a EOI e a Deputación de Pontevedra buscan que os proxectos participantes poidan
incorporarse en aceleradoras e cubrir así a seguinte fase no desenvolvemento
das súas empresas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario