§ Estes traballos de
mantemento está a levarse a cabo no treito interurbano do río, na parroquia de Perdecanal,
no lugar da Gándara
§ As obras consisten na
retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes do río, así como
da madeira morta existente
§ Estas tarefas se enmarcan
nas actuación de Augas de Galicia para o mantemento, conservación e mellora do
dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa
§ A Consellería de
Infraestruturas e Mobilidade traballa na mellora dos leitos fluviais para
acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos
medioambientais e de uso social na contorna do río
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de
Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no rego de Santa Susana,
no Concello de Barro.
Estes
traballos de mantemento están a levarse a cabo nos treitos interurbanos deste
río ao seu paso pola parroquia de Perdecanal, no lugar da Gándara.
As obras céntranse
na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez
finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando
así a circulación fluída das súas augas.
Augas de
Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento,
conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa,
no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e
protección.
A
administración hidráulica da Xunta mediante este tipo de actuacións continúa
traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do
ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na
contorna do río.
No hay comentarios:
Publicar un comentario