A convocatoria conta
con sete categorías, cada unha delas con 3.000 € entre primeiros, segundos e
terceiros premios e serán fallados no último trimestre do ano
A
Deputación de Pontevedra recibiu este ano, ao abeiro da primeira convocatoria
dos “Premios Provinciais á Xuventude”, preto de 100 traballos dos mozos e mozas
da provincia de entre 16 e 35 anos que poderán optar a un total de 21.000 €
distribuídos entre primeiros, segundos e terceiros premios das sete categorías
coas que contan os galardóns.
Deste
xeito, recibíronse un total de 29 propostas para fotografía, outros 24
traballos literarios breves ou 15 gravacións musicais. Tamén participaron 12
propostas na categoría de blogs, outras 6 na de iniciativa empresarial, 3
proxectos de educación en valores e, finalmente, 2 proxectos de iniciativa
social.
A
Deputación de Pontevedra vén de iniciar, ademais, o proceso de selección do
xurado que outorgará os premios valorados en 21.000 €. Nas categorías de
traballo literario breve, traballo musical, fotografía e blogs haberá un primeiro
premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 € e un terceiro de 500 €. Para as
iniciativas sociais e empresariais e para os traballos de educación en valores
establecéronse primeiros premios de 2.000 € e segundos premios de 1.000 €. A
selección dos traballos gañadores coñecerase durante o último trimestre do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario