A XUNTA REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA ATENCIÓN DE NENOS CON DISCAPACIDADE COLABORANDO COA ASOCIACIÓN ESPERANZA SALNÉS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 9 de abril de 2019

A XUNTA REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA ATENCIÓN DE NENOS CON DISCAPACIDADE COLABORANDO COA ASOCIACIÓN ESPERANZA SALNÉS






  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou un convenio con esta entidade que presta asistencia diaria a menores da comarca do Salnés

 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou un convenio de colaboración coa Asociación Esperanza Salnés para o desenvolvemento de actividades de atención terapéutica de nenos e nenas con discapacidade física ou intelectual. O Goberno galego reafirma deste xeito o seu compromiso coa mellora da calidade de vida destes menores apoiando asociacións que levan a cabo actividades que favorecen a súa integración familiar, social e laboral.

En total, en virtude do acordo asinado, a Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia dotará con 15.000 euros a esta asociación, que traballa con nenos e mozos de entre 2 e 18 anos que padecen algunha discapacidade física, intelectual, sensorial, parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, incidindo especialmente no eido asistencial. A Xunta colabora por tanto con institucións que traballan a nivel local con afán de prestar mellor servizo aos veciños e veciñas, neste caso, da comarca do Salnés.

A Asociación Esperanza Salnés conta cunha unidade de atención no propio concello de Cambados que presta servizo e asistencia diaria a persoas de toda a comarca do Salnés, coa conseguinte mellora no seu día a día. Tamén facilitan un servizo de asesoramento e apoio ás familias e tratamentos individualizados e adaptados, levados a cabo por un equipo multidisciplinar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario