§ O conselleiro de
Cultura e Turismo, Román Rodríguez, saudou en Redondela ao grupo que está a percorrer
diversos tramos do Camiño de Santiago en toda a Comunidade
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, saudou hoxe a unha
expedición de xornalistas filipinos que están a realizar diversas etapas do
Camiño de Santiago, ao seu paso por Redondela. Esta visita forma parte do calendario
de promoción da Xunta de Galicia no obxectivo de aumentar a internacionalización
do turismo.
A
expedición, que chegou o pasado martes e finalizará a súa viaxe o vindeiro
luns, está a coñecer diferentes itinerarios xacobeos como o Camiño Francés, o
Camiño de Fisterra e Muxía e o Camiño Portugués. Cómpre destacar que este
itinerario, xunto co Camiño Portugués da Costa supoñen o 25% dos peregrinos que
durante o 2018 recolleron a súa Compostela.
O conselleiro declarou que agarda que esta “moi benvida visita serva como
escaparate para dar a coñecer a nosa terra en Filipinas, para que o mercado
asiático continúe medrando e o Camiño chegue cada vez a máis países como
símbolo de universalidade”.
Román
Rodríguez lembrou que o ano pasado fixeron o Camiño peregrinos de preto de 180
países e “Asia é precisamente un dos mercados emerxentes nos que destaca a
popularidade da Ruta Xacobea en Corea do Sur, xa que só no ano pasado chegaron
máis de 5500 camiñantes deste país”, apuntou.
Máis turismo internacional
Neste
sentido, os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística reflicten que o
turismo internacional medrou en Galicia en preto dun 3% no primeiro trimestre
do ano. Un dos principais factores que contribúe a este aumento é precisamente
a internacionalización do Camiño de Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario