- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que estas melloras contaron contaron cun orzamento de 580.000 euros e permitirán minimizar o impacto no tráfico dunha estrada que conta con máis de 20.000 vehículos ao día
- A rotonda complementouse cun ramal de novo trazado que conecta coa vía principal da Devesa e permite eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección no punto quilométrico 6+620
O delegado
territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou, xunto
a asociación de veciños da Devesa, o remate dos traballos da segunda fase de
mellora da PO-531 que consistiron na execución dunha nova glorieta e dun ramal
de novo trazado que conecta coa vía principal.
Na visita, o delegado territorial estivo
acompañado a maiores polo xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade en
Pontevedra, José Luis Díez, polo xefe da Axencia de Infraestruturas de
Pontevedra, Fausto Núñez, e por representantes dos veciños.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
destinou a esta obra, contando con expropiacións e IVE, 580.000 euros.
Tal e como explicou Cores Tourís, os traballos
leváronse a cabo entre os quilómetros 6+500 e 7+250, dándose así resposta á
demanda dos veciños desta parroquia por onde transita a PO-531, e dando continuidade as obras que o departamento de
Infraestruturas da Xunta acometeu nesta estrada no 2017, que permitiron a súa
reordenación e mellora coa execución dunha glorieta no acceso ao polígono de
Sequeiros, no concello de Barro.
O obxectivo principal deste nova actuación
foi acadar a redución da velocidade de circulación. A glorieta conta con 44
metros de diámetro no punto quilométrico 7+150 da PO-531, situado á saída do
núcleo da Devesa, e ten como obxectivo reducir de xeito significativo a elevada
velocidade actual da circulación na contorna, facilitando os xiros en
condicións seguras.
A glorieta entronca agora cun ramal de novo
trazado, que se conecta coa vía principal deste núcleo e que permite así
eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección do
punto quilométrico 6+620. Este novo ramal conta cunha lonxitude de 380 metros,
aos que hai que engadir os camiños de servizos, polo que a construción total é
de 750 metros, facilitando a unión dos dous núcleos desta parroquia.
O delegado territorial tamén aproveitou a
visita para agradecer enormemente “a colaboración dos veciños, tanto da Devesa
como de Curro, xa que estamos a traballar con eles dende fai anos para
continuar a mellorar esta imporante estrada que enlaza Pontevedra e O Salnés, e
pola que circulan diariamente máis de 20.000 vehículos”.
Esta actuación complementouse coa
rehabilitación do firme no tramo, a execución das obras necesarias para a
drenaxe transversal e lonxitudinal e a reposición da sinalización e das
barreiras necesarias, instalándose novas luminarias e un muro de escollera de
contención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario