A vicepresidenta Luisa Sánchez asina a constitución do dereito de superficie para que Bespi Inversiones se instale no Polígono de Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 22 de febrero de 2025

A vicepresidenta Luisa Sánchez asina a constitución do dereito de superficie para que Bespi Inversiones se instale no Polígono de Barro

 

 A vicepresidenta Luisa Sánchez, responsable das áreas de Economía e Impulso ao Emprego, asinou este luns en representación da Deputación de Pontevedra a constitución do dereito de superficie polo que a empresa Bespi Inversiones ocupará unha parcela de preto de 7.000 m2 no Polígono de Barro. A firma pagará algo máis de 40.000 euros anuais en réxime de alugueiro con dereito a compra, a cal poderá exercitar nos próximos cinco anos.

 

Na actualidade o Polígono de Barro conta cunha ocupación do 80%, con 14 parcelas libres e só 51.000 dos seus preto de 270.000 metros cadrados sen ocupar. En total xa son 27 as empresas instaladas nesta infraestrutura fundamental para o tecido empresarial da provincia, onde tamén se atopan instalacións da Deputación como o Viveiro de Empresas, o Centro de Apoio Empresarial e o novo Parque de Maquinaria, trasladado por mor da recuperación ambiental dos terreos da Xunqueira de Alba onde se atopaba anteriormente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario