ADOS lembra a necesidade de incrementar a participación na presente semana, xa que estas datas soen coincidir cun incremento dos casos de enfermidades como a gripe que impiden, de xeito temporal, a doazón de sangue
―
Os grupos A-, O- e B- son os que precisan un maior incremento dos seus niveis de reserva
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembra a necesidade de aumentar o número de doazóns nas vindeiras xornadas, especialmente, de doantes do grupo Cero Negativo, popularmente coñecido como Doante Universal. Os meses de xaneiro e febreiro soen coincidir cun aumento de casos de enfermidades como a gripe, que impiden a doazón de xeito temporal, ata a recuperación dos afectados e afectadas, polo que a ADOS salienta que son datas nas que se pode reducir a base de potenciais doantes. Non obstante, a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais galegos non diminúe, e todos os días do ano precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue.
miércoles, 5 de febrero de 2025
New
GALICIA PRECISA INCREMENTAR AS RESERVAS DE SANGUE PARA RESPONDER ÁS NECESIDADES DOS HOSPITAIS, ESPECIALMENTE DO GRUPO CERO NEGATIVO
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
xunta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario