Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 3 de julio de 2019

A XUNTA EXECUTA ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NO REGO DE SANTA SUSANA AO SEU PASO POLO CONCELLO DE BARRO




§  Estes traballos de mantemento está a levarse a cabo no treito interurbano do río, na parroquia de Perdecanal, no lugar da Gándara
§  As obras consisten na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes do río, así como da madeira morta existente
§  Estas tarefas se enmarcan nas actuación de Augas de Galicia para o mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa
§  A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no rego de Santa Susana, no Concello de Barro.

Estes traballos de mantemento están a levarse a cabo nos treitos interurbanos deste río ao seu paso pola parroquia de Perdecanal, no lugar da Gándara.

As obras céntranse na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

A administración hidráulica da Xunta mediante este tipo de actuacións continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

No hay comentarios:

Publicar un comentario