Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 29 de julio de 2019

O ”PRACTICUM DEPO 2019” FINANCIARÁ 104 MOBILIDADES DE ESTUDANTES E DOCENTES DE 32 CENTROS DA PROVINCIA






Un total de 92 estudantes de Formación Profesional de 32 centros da provincia poderán beneficiarse de estadías en países europeos para realizar prácticas laborais en empresas e institucións a través da nova edición do programa “Practicum Depo 2019”, que aprobou a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. Ademais, a través deste mesmo programa, unha ducia de docentes viaxará a Europa para afondar no seu coñecemento sobre os métodos e procedementos educativos que realizan nos países incluídos neste proxecto de mobilidade internacional.

A  Deputación explicou que nesta cuarta edición do “Practicum Depo”, que ten unha duración de 24 meses (ata maio do 2021), os destinos europeos nos que os alumnos e alumnas de ciclos medios de Formación Profesional realizarán as súas estadías serán Reino Unido, Irlanda, Italia, Portugal, Malta, Alemaña, Romanía, Bulgaria, Polonia, Grecia, Eslovenia, Finlandia, Países Baixos e Islandia e, como novidades, Chipre, Eslovaquia e Francia.

Estas 104 mobilidades teñen como obxectivo facilitar aos mozos e mozas que cursan FP a súa integración no mundo laboral a través destas prácticas en Europa, que se inclúen dentro da convocatoria de propostas 2019 do programa Erasmus+. O presuposto da edición deste ano ascende a 672.278,40 euros, dos que 509.302 son aportados polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os 162.976,40 euros restantes pola Deputación. “Esta edición é xa a cuarta e o conxunto dos recursos que estamos a dedicar a este proxecto é de máis de dous millóns de euros –subliñou Silva-. Levamos xa 400 mozos e mozas facendo este tipo de proxectos Erasmus. Trátase de que no momento de que a xente teña formación, poida ter máis recursos para unha maior empregabilidade”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario