Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 18 de febrero de 2020

CEIP AMOR RUIBAL: UN TOTAL DE 68 CENTROS DE ENSINO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DESENVOLVERÁN ESTE ANO O PROGRAMA DE REFORZO ARCO





 

Un total de 68 centros de ensino da provincia de Pontevedra desenvolverán este curso o programa de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de primaria e secundaria (ARCO). No conxunto de Galicia participarán na iniciativa un total de 141 centros, segundo a resolución definitiva que acaba de publicar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O ARCO, que pode ser complementario cos contratos-programa, ten como obxectivo implicar o grupo de clase nas actividades de reforzo, co fin de conseguir o máximo desenvolvemento emocional, intelectual e social do alumnado. Este programa, dirixido aos centros públicos, consta de 3 liñas de actuación que desenvolverán axustes educativos dentro da aula ordinaria, co obxecto de garantir a máxima inclusión favorecendo a participación no grupo-clase e a consecución do máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional de todo o alumnado. A liña 1 diríxese ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria, a 2 ao de 1º de ESO e a 3 aos estudantes de 4º de ESO.

O obxectivo da iniciativa é apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico, co fin de mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperán do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias. Así mesmo, xerarase un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e por proxectos e procurarase diminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do nivel educativo. Todas as liñas desenvolveranse dentro do horario lectivo e mediante apoios a través do uso de metodoloxías activas e participativas, así como a aplicación de medidas organizativas ao alumnado obxecto da liña.

Para a selección dos centros participantes téñense en conta criterios como as porcentaxes de alumnado que promocionou con algunha área non superada, con necesidades específicas de apoio educativo e repetidor ou os centros que participaron no antigo programa de reforzo PMAR, entre outros. Os centros de secundaria poden participar á vez na liña 2 e 3.

lunes, 17 de febrero de 2020

Xunta de Galicia:COMPARTE SAUDE. #SúmateDoaSangue SEMANA 17 FEBREIRO 2020 Ó 23 FEBREIRO 2020 .PROVINCIA: PONTEVEDRA

Seguindo coa nosa colaboración coa ADOS , Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, dentro da campaña "COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE", publicamos a ubicación das UM de Doazón de Sangue para esta semana. E xa sabedes, doade sangue.É compartir saude. #SúmateDoaSangue