A XUNTA INFORMA AOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA SOBRE A NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A CREACIÓN DE CASAS DO MAIOR - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 26 de febrero de 2020

A XUNTA INFORMA AOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA SOBRE A NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A CREACIÓN DE CASAS DO MAIOR








O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, reuniuse con alcaldes da provincia de Pontevedra para dar conta desta orde



§   A Administración autonómica ten aberto desde principios deste mes o prazo de presentación de solicitudes
§   Os requisitos para acceder a estas subvencións son máis flexibles e poderán pedilas todos os concellos que non teñan un centro de día
§   Ábrese o perfil dos usuarios tamén aos maiores con autonomía, polo que xa non será necesario que conten cunha valoración de dependencia

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, acompañado do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, reuniuse esta semana con alcaldes de concellos da provincia para informarlles sobre as novas axudas para a creación de casas do maior. A Xunta ten aberto desde principios deste mes o prazo de presentación de propostas para estender a máis concellos estes pequenos centros de día para maiores, que non teñen coste algún para os seus usuarios.

Actualmente este recurso xa existe nos concellos pontevedreses de Arbo e Pazos de Borbén. Esta nova orde de achegas, xa publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), permitirá chegar ás 60 casas do maior en funcionamento este mesmo ano. Ildefonso de la Campa explicou que nesta nova convocatoria os requisitos para acceder ás axudas son máis flexibles xa que poderán contar cunha casa do maior financiada ao 100% pola Administración autonómica tanto os concellos de menos de 5000 habitantes como todos os que non teñan un centro de día, aínda que seguirán primando as localidades pequenas.

O director xeral de Maiores apuntou outras novidades, como a de que se amplía o perfil das persoas usuarias: xa non será necesario que conten cunha valoración de dependencia, senón que poderán asistir a estas casas os maiores que sexan autónomos. Ademais, a Xunta financiará ás persoas promotoras destas casas para que trasladen aos maiores usuarios desde os seus domicilios, ida e volta.

Esta segunda convocatoria de casas do maior conta cun orzamento global de 1,3 millóns de euros. Ildefonso de la Campa sinalou aos rexedores que deste crédito, 830.000 euros son para adecuación das casas, cun límite de 15.000 euros por centro; e os 500.000 euros restantes para o seu funcionamento diario, con 19.600 euros ao ano por cada casa do maior.


No hay comentarios:

Publicar un comentario