É o mellor momento
para iniciar a colleita dos froitos de camelia
A páxina web de Areeiro ten
xa colgados os avisos fitosanitarios desta semana (http://www.efa-dip.org)
que advirten de podremias nas maceiras e reflexan a situación de normalidade
que están a pasar as viñas.
Segundo o informe da Unidade de artrópodos e control
integrado, dirixida pola enxeñeira Rosa Pérez Otero, nas parcelas de seguimento non se observan
incidencias fitosanitarias realmente destacables a pesar de que o clima se
mantivo húmido e caloroso dende a emisión do aviso anterior.
En canto ao mildiu,
unicamente se detectaron algunhas manchas nos brotes máis tenros dalgún terreo,
pero a súa incidencia non é xeral a pesar de haber repetidamente condicións de
infección. Por outro lado, as uvas están sanas, sen indicios de botritis ou
outras podremias típicas da maduración (nin nas variedades máis sensibles), e
só se observan algúns acios con golpes de sol.
En canto aos insectos, as capturas de Lobesia botrana nas trampas seguen bastante elevadas, pero se a vendima se produce nas datas previstas as eirugas xa non provocarán penetracións que poidan ter un efecto significativo sobre a botritis. Pola súa banda, os cicadélidos seguen en poboacións limitadas e non recollemos ningún exemplar de Scaphoideus titanus en ningunha das trampas que hai instaladas.
Por outro lado, detectouse algún acio terminal con presenza de acariosis nun terreo.

Maceiras
No referente ás maceiras, esta semana houbo
condicións favorables ao moteado, pero en xeral non se apreciaron novas
manchas. Tampouco houbo capturas de Cydia pomonella,
a 'polilla' da maceira.
A incidencia fitosanitaria máis salientable neste cultivo é que algúns froitos presentan podremias e están a caer. "Como sempre dicimos, é conveniente a retirada desta froita para evitar a entrada de fungos oportunistas como botritis", advirten os técnicos.

Camelias
Por outra banda, dende a estación fitopatolóxica indican tamén que é o
momento de iniciar a colleita dos froitos de camelia nas que están as sementes
coas que en Areeiro se fai o aceite virxe de camelia. Trátase dun aceite de
tipo seco, de excelente calidade polas súas propiedades hidratantes,
cicatrizantes e bactericidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario