§ O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís recorda que
outras deputacións como a de Ourense, adquiriron equipamento para levar aos
pequenos e medianos municipios
§ “Se Carmela Silva quere sumar, que é o que se precisa nesta situación,
iso é o máis adecuado; se o que quere é confrontar unha vez máis, entón que non
conte con nós”
§ A Xunta de Galicia repartirá esta semana 100.000 mascarillas, 15.000
traxes e 50.000 guantes aos concellos de toda a comunidade autónoma a través de
Clonegal, o novo centro loxístico que a Xunta
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís, animou hoxe á Deputación provincial a achegar material de
protección ao centro loxístico posto en marcha pola Xunta de Galicia. Ese
centro loxístico levará o equipamento de xeito directo aos concellos e
permitirá unha maior axilidade e comodidade para os municipios. “Se Carmela
Silva quere sumar, que é o que se precisa nesta situación, é o máis adecuado.
Se o que quere é confrontar unha vez máis, entón que non conte con nós”.
O responsable territorial indicou que outras administracións provinciais
como a de Ourense xa está a colaborar neste senso e estiveron adquirindo
equipos de protección nas últimas semanas, ao igual que fixeron tódalas
administracións despois de que se comprobara que a decisión do Goberno central
de autoasumir a centralización das compras resultaba insuficiente.
Durante a pasada semana a Xunta, repartiu por medio das Delegacións
Territoriais e en colaboración coa Federación galega de Municipios e Provincias
(Fegamp), un total de 22.000 mascarillas. 300.000 luvas e preto de 10.000
traxes. Na área da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra foron un total
de 62.759 unidades de
protección: 13.242 mascarillas, 47.580 guantes, 102 gafas e 1.835 buzos entre
46 concellos da área territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra.
Os concellos galegos están a empregar o
material da Administración autonómica en ámbitos como o Servizo de Axuda no
Fogar ou as emerxencias e a Protección Civil.
Cores Touris recordou que a Xunta de Galicia continuará
esta semana con esta labor repartindo 100.000 mascarillas, 15.000 traxes e
50.000 guantes aos concellos de toda a comunidade autónoma. O material chegará
directamente dende o centro loxístico que a Xunta ven de poñer en marcha para
centralizar a adquisición e distribución de equipos de protección individual
durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria por coronavirus.
Este centro loxístico, denominado Clonegal,
ponse en marcha tralo aumento do material que chegará ás administracións locais
e tamén co obxectivo da axilización do reparto, xa que os concellos recibirán
os envíos no seu propio municipio e non terán que desprazarse. Os medios foron
adquiridos directamente polo Goberno autonómico ante a escasez de
subministración do Goberno central.
Con esta medida búscase organizar, ordenar e
priorizar a distribución do material preciso para os labores de todo o persoal
-agás o sanitario- involucrado na loita contra a expansión do virus, de forma
que se dea cobertura ás necesidade de xeito centralizado e programado, co fin de
optimizar as compras e a repartición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario