Un equipo de son un pouco potente, unhas cervexas e a vontade dos veciños e veciñas foron suficientes para que este domingo Barro non quedara sen tomar o vermú. O veciño do municipio Johnny Güimil concedeu á veciñanza de varios bloques de edificios unha mañá de bailes e brindis ao son da música, unha iniciativa que, sen dúbida, lles axudou a despexar a cabeza a causa do confinamento domiciliario. "Teño un equipo de son na casa e pareceume que un domingo sen tomar o vermú non sería o mesmo", explicou este domingo o autor da iniciativa a este periódico.
Güimil, que é profesor de música e director da murga Os do Val do Lérez, sorprendeuse moi gratamente coa resposta da veciñanza. "Montei o equipo, e cando a chuvia mo permitiu, saqueino. Moitos veciños xa estaban agardando para participar", asegurou. Deste xeito, durante o mediodía, a veciñanza bailou ao son de éxitos de todo tipo como A Santiago vou, do grupo Astarot, A Sementeira, e temas do grupo Os Suaves ou de Eddy Grant. E, por suposto, tamén houbo cancións infantís para os pequenos, que tamén quixeron participar dende os balcóns das súas casas.
Deste xeito, o que estaba previsto para brindar durante 10 minutos a través dun vídeo emitido mediante as redes sociais en directo, alongouse máis dunha hora. "Así os veciños puidemos estar xuntos durante un tempo", comentou Güimil quen, ao rematar a sesión vermú, sorprendeuse co agasallo inesperado dalgún veciño do seu edificio non identificado, que tivo o xesto de deixarlle seis latas de cervexa na porta da casa como mostra de agradecemento. E non é para menos, pois a festa conseguiu animar a varios bloques enteiros.
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/aislamiento-ritmo-cumbia-barro/202003152056461077613.html
Mércores 18 | Festa de pixamas en comunidade
Debido
ao éxito da iniciativa de bailar coa sesión vermú improvisada dende o
balcón dos edificios de Barro, o veciño Johnny Güimil non se rende e
prevé continuar a festa para ofrecer á veciñanza máis momentos de ocio
en comunidade, coa axuda do seu equipo de son.
Deste xeito, prevé organizar unha festa de pixamas dende os balcóns o vindeiro mércores 18. "Quería facer algo a vindeira fin de semana pero parece que vai chover aínda máis. Entón falei cos veciños e quedamos de facer unha festa de pixamas este mércores", explicou Güimil.
A iniciativa deste veciño de Barro tivo moita repercusión nas redes sociais, que serviron de aviso para a sesión vermú.
Ademais desta iniciativa, Güimil tamén ofreceu un pequeno concerto improvisado durante a mañá deste domingo a través do seu perfil en Facebook, no que recibiu moita gratitude por parte dos espectadores, aos que lles puido animar un pouco a espera.

No hay comentarios:
Publicar un comentario