§ Os interesados en acollerse a este tipo
de incentivos poderán solicitalas ata o 30 de outubro de 2020, salvo
esgotamento previo da partida orzamentaria
§ As axudas poderán acadar os 17.000 euros
por vivenda para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e
sustentabilidade en vivendas
§ As axudas para actuacións
de eficiencia enerxética e sustentabilidade, conservación, mellora da
seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas poderán incrmentarse
nun 25% cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e se realicen
en concellos de menos de 5.000 habitantes
A Xunta de Galicia destinará este ano 1,25
millóns de euros a axudas para a rehabilitación ou
renovación de vivendas e edificios de vivendas integradas dentro da área de
rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e da área de rehabilitación
integral do Parque Nacional das Illas Atlánticas, tal e como indica a Resolución pola que se realiza a convocatoria de ditas axudas
para 2020, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.
Todas as persoas interesadas
en acollerse a esta liña de incentivos poderán presentar as solicitudes ata o
vindeiro 30 de outubro de 2020, salvo que previamente se esgote o orzamento.
No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago poderán ser beneficiarias desta convocatoria:
·
As comunidades de
propietarios e as agrupacións de comunidades de propietarios.
·
As agrupacións de
propietarios.
·
As persoas físicas
propietarias de edificios ou vivendas.
No ámbito da ARI
do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais da recollidas no apartado
anterior, tamén poderán ser beneficiarias desta convocatoria:
·
As persoas físicas
con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
·
As persoas titulares
dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
Contía das axudas
En relación coas contías, as axudas non
poderán superar un 40 por cento do importe subvencionable da actuación. Este
límite incrementase ata un 75 por cento se os
ingresos da unidade de convivencia promotora da actuación e residente na
vivenda son inferiores a tres veces o IPREM ou, cando se acometan actuacións
para a mellora da accesibilidade e se acredite que na
unidade de convivencia existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.
Esta porcentaxe do 75% só se aplica a actuacións realizadas en vivendas
unifamiliares ou no interior de vivendas de edificios de tipoloxía residencial
colectiva.
Dentro deste límites, o importe das axudas
serán de:
Ata 12.000 euros por vivenda para actuacións
de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con
redución da demanda enerxética. No caso de edificios de tipoloxía residencial
colectiva, incrementarase esta contía con 120 euros por cada metro cadrado de
superficie construída de local comercial ou outros usos. Ademais, poderá
incrementarse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros por cada metro cadrado de
superficie construída de uso comercial ou outros usos, nos edificios e vivendas
declaradas ben de interese cultural, catalogados ou que conten con protección
integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.
Ata 8.000 euros por vivenda para
actuacións de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da
accesibilidade en vivendas. No caso de edificios de tipoloxía residencial
colectiva, incrementaranse estas contías con 80 euros por cada metro cadrado de
superficie construída de local comercial ou outros usos. Ademais, poderá
incrementarse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros por cada metro cadrado de
superficie construída de uso comercial ou outros usos, nos edificios e vivendas
declaradas ben de interese cultural, catalogados ou que conten con protección
integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.
O importe destas axudas incrementaranse
nun 25 por cento cando as persoas beneficiarias sexan
menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000
habitantes (so para actuacións de eficiencia enerxética e
sustentabilidade, conservación, mellora da seguridade de utilización e da
accesibilidade en vivendas).
As axudas da Xunta de Galicia, que se
suman ás anteriores, son as seguintes:
Ata 4.000 euros por vivenda obxecto de
actuacións de rehabilitación e/ou renovación, sen que a subvención poida
exceder do 10 por cento do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do
edificio.
Ata 1.000 euros por vivenda obxecto de
actuacións de rehabilitación e/ou renovación, sempre que se adapten á “Guía de
cores e materiais” aprobada pola Xunta
de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario