§ O inicio dos traballos, cun prazo de execución de 6 meses, prevese no
mes de agosto
§ Actuarase nas vías PO-301, PO-529, PO-530, PO-531
e V.G-4.7, ao seu paso polos municipios de Vilanova de Arousa, Vilagarcía de
Arousa, Caldas de Reis, Barro e Meis
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por uns
785.000 euros as obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das
comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas de Reis.
Esta intervención, adxudicada á empresa Construcciones Taboada y Ramos,
S.L, conta cun prazo de execución de 6 meses. O inicio dos traballos prevese no
mes de agosto.
As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos
das estradas PO-301, PO-529, PO-530, PO-531 e V.G-4.7, ao seu paso polos
concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Barro e
Meis.
Os traballos consisten na rehabilitación do firme e a reposición da
sinalización en varios treitos destas estradas. Así, na PO-301, que comunica as
localidades de Ponte Arnelas e Vilagarcía de Arousa, os traballos centraranse
nos treitos entre os puntos quilométricos 0+019 e 1+169; 2+262 e 6+589; e do 1+241 ao
2+262.
Na
estrada PO-529, que conecta a estrada PO-549 coa VG-4.3, nas proximidades de
Vilagarcía de Arousa, actuarase na glorieta de conexión coa PO-549, xunto cos
seus ramais de acceso e os 211 primeiros metros do tronco.
No
caso da PO-530, que une a estrada PO-549 coa VG-4.3, á altura da Illa de Arousa,
a intervención centrarase en dous treitos, o que vai do punto quilométrico 0+071
ao 0+982 e do 1+137 ao 2+265.
Na
estrada PO-531, que conecta as localidades de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa,
actuarase nos treitos entre os puntos quilométricos 9+500 e 10+200 e do 11+773 ao
18+744.
Finalmente,
actuarase na V.G-4.7, vía de alta capacidade que circunvala Vilagarcía polo
este desde a glorieta do enlace coa PO-531 e a N-640 ata Carril. En concreto,
os traballos realizaranse no carril dereito, entre os puntos quilométricos 7+318
e 7+475, e no carril esquerdo, entre o 7+320 e 7+483.
No hay comentarios:
Publicar un comentario