§ Trátase dunha
dotación cultural equipada con 31 postos de lectura que conta con unha zona
multiusos que se emprega como sala de estudos e actividades
§ A meirande
parte dos usuarios deste centro son público infantil e xuvenil e conta cun
catálogo de máis de 8.000 libros, dos cales 7.800 están informatizados
A Xunta de Galicia incorpora
a Biblioteca Municipal do concello de Barro, en Pontevedra, á Rede de
Bibliotecas Públicas de Galicia. Trátase dunha decisión que o Goberno galego
toma despois de que fose solicitado pola Administración local e que permitirá
que se integre nesta rede da que forman parte máis de 300 centros en toda
Galicia.
A incorporación a esta rede supón que a
Biblioteca de Barro poderá acceder aos beneficios de pertencer a esta rede
autonómica como subvencións para adquirir novos libros, contar cun programa de
xestión unificado ou dispoñer dun carné de usuario único para todos os centros.
A Biblioteca de Barro é unha dotación
cultural equipada con 31 postos de lectura e que se divide en seis seccións:
local, hemeroteca, narrativa, xuvenil, infantil e libros informativos. Ademais,
as instalacións contan no mesmo edificio cunha sala multiusos de case 150
metros cadrados que se emprega como sala de estudos e actividades.
A meirande parte dos usuarios deste centro
son público infantil e xuvenil e conta cun catálogo composto por 8.200 libros,
dos cales 7.800 xa están informatizados e 400 están en revisión. A maioría
destes exemplares proceden de doazóns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario