- A Delegación da Xunta en Pontevedra facilitou ata o de agora máis de 1,55 millóns de unidades de protección a 218 centros sociais e 5 campamentos infantís, incluíndo centros de día de iniciativa social
- A nivel provincial, dende o inicio do reparto entregáronse 757.540 luvas e 683.926 máscaras, ademais de 108.007 unidades de produtos de desinfección, batas e mandís protectores
- Na comarca de Pontevedra, os concellos recibiron 146.013 unidades de protección
A Xunta, a través da Delegación Territorial de
Xunta en Pontevedra, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos
centros sociais da área territorial cun novo envío esta semana que inclúe
asemade os centros de día de iniciativa social e os campamentos infantís
programados pola Xunta de Galicia para esta tempada do verán. En conxunto máis
de 1,5 millóns de unidades que reforzan a protección fronte á Covid-19 para os
centros de días e 32.947 para os 5 campamentos infantís.
Deste modo, na última semana enviáronse en conxunto
77.700 luvas, 76.842 máscaras, e 3.295 batas, pantallas de protección e diverso
material de desinfección e limpeza, facendo un total de 157.837 novas unidades
en conxunto.
Con este último reparto, as unidades enviadas a un total
de 218 centros sociais da provincia e 5 campamentos infantís suman en conxunto,
ata o de agora e desde o inicio do reparto, case 1,55 millóns de unidades de
protección Así, foron 757.540 luvas, 683.926 máscaras e 108.007 batas, pantallas de protección e
diverso material de desinfección e limpeza.
Trátase de centros de atención a discapacidade,
igualdade, inclusión, de maiores, menores e xuventude.
A maiores, cabe destacar tamén as 146.013 unidades de
protección enviadas pola administración autonómica aos concellos da comarca de
Pontevedra, co obxectivo de garantir a
seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como
Protección Civil ou Axuda a Domicilio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario