A Deputación terá operativa en dúas semanas a Oficina de Transformación Comunitaria, que estará situada no Viveiro de Empresas de Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 28 de septiembre de 2024

A Deputación terá operativa en dúas semanas a Oficina de Transformación Comunitaria, que estará situada no Viveiro de Empresas de Barro

https://www.depo.gal/documents/37861/11155223/20240906_luislopez_xunta_goberno.jpg

 

“Este é un proxecto fundamental para seguir dando pasos na transformación desta provincia, apostando por un modelo sostible, eficiente e integrador, sempre tendendo pontes cos concellos e co tecido asociativo”, asegurou o presidente Luis López

 

Incorporaranse á oficina cinco perfís técnicos e organizaranse sesións formativas ao persoal municipal de todas as comarcas para prestar un apoio transversal á constitución de comunidades enerxéticas na provincia de Pontevedra

 

 A Deputación de Pontevedra está a ultimar a posta en marcha da Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables, que estará operativa e a pleno rendemento no prazo de dúas semanas na súa localización no Viveiro de Empresas da institución provincial en Barro. Como explicou o presidente provincial, Luis López, o obxectivo do programa +Renovables é prestar asesoramento e apoio á cidadanía en materia de creación de comunidades enerxéticas nos 59 concellos con menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra. “Este é proxecto fundamental para seguir dando pasos na transformación desta provincia, apostando por un modelo sostible, eficiente e integrador, sempre tendendo pontes cos concellos e co tecido asociativo”, confirmou López.

 

O presidente da Deputación informou de que nos próximos días a Oficina de Transformación Comunitaria verase reforzada coa incorporación de cinco novos perfís técnicos, concretamente un de responsable do proxecto, dúas persoas asesoras técnicas especialistas en enerxía, unha persoa asesora xurídica tamén especialista en enerxía, e por último unha persoa responsable de márketing.

 

Ademais, a Deputación impulsará a organización de forma inminente de 10 accións formativas, unha en cada comarca da provincia, destinadas aos técnicos municipais, especialmente a aqueles habilitados de carácter nacional. Nelas abordaranse todos os aspectos tanto xurídicos como técnicos relativos á constitución de comunidades enerxéticas con participación das entidades locais. Á marxe do seu emprazamento no Viveiro de Empresas de Barro, cómpre lembrar que o proxecto +Renovables contará cunha oficina móbil, que xirará por toda a provincia para achegar os servizos de asesoramento por toda a provincia de Pontevedra.

 

A posta en marcha e xestión da Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables ten un orzamento de 370.000 euros e está financiada con fondos europeos NextGenerationEU para fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de comunidades enerxéticas en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, e especialmente os concellos de reto demográfico, a principal prioridade. O orzamento total do proxecto elévase a 750.000 euros (con 500.000 € de fondos europeos), mobilizados pola Deputación como resposta á crise enerxética e á necesidade de impulsar unha nova cultura na que a cidadanía teña unha participación efectiva no sistema enerxético.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario