O PP de Barro cre que o “ataque furibundo” do BNG pola selección municipal dun operario augura que “poñen a venda antes da ferida”, xa que só se pedíu transparencia e igualdade - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 22 de diciembre de 2025

O PP de Barro cre que o “ataque furibundo” do BNG pola selección municipal dun operario augura que “poñen a venda antes da ferida”, xa que só se pedíu transparencia e igualdade

El alcalde Abraldes y Sanmartín, en la firma del acuerdo


  • Os populares cren que a resposta nacionalista “xa deixa moitas pistas sobre o proceso” con dous familiares de edís do goberno, un do BNG e outro do PSOE, posto que os socialistas non se pronunciaron ante a solicitude do PP de que a selección teña todas as garantías

  • “Non sabemos porque piden a dimisión do voceiro municipal, posto que a demanda é de todo o PP de Barro, pero en todo caso que os do Bloque non se adianten que ao mellor teñen que dimitir todos eles. Os que se poden dar por ‘dimitidos’ son os outros 8 aspirantes”, sinalan

O Partido Popular de Barro cren que a reacción do BNG cun “ataque furibundo” á súa formación polo proceso de selección por parte do Concello dun operario de servizos múltiples augura que “están a poñer a venda antes da ferida”, xa que só pedíu transparencia e igualdade e, como é a obriga da oposición, se anunciou que se permanecerá vixilante pola participación, entre os dez admitidos, dun irmán dunha concelleira do PSOE e do marido dunha edil do BNG, ambas pertencentes ao goberno bipartito.


De feito, os populares sinalaron que a resposta nacionalista “xa deixa moitas pistas sobre o resultado final do proceso” pola presenza de dous familiares de edís do executivo municipal, polo que anunciaron que redobrarán os seus esforzos de control sobre esta oposición para a selección dun persoal laboral con carácter fixo. Neste senso, lembraron que os socialistas de Barro non se pronunciaron ante a nosa solicitude de que a selección teña todas as garantías, algo que é lóxico, polo que non se entende a resposta “fóra de punto” do BNG.


Para o PP, o BNG “sobreactúa en exceso” destacando o seu modelo de xestión seria e transparente e acusando de danar a imaxe do Concello “porque en Barro todos nos coñecemos. Os populares consideran tamén que “minten” cando din que se está a atacar aos funcionarios e ao persoal que conforma o tribunal, “porque nada máis lonxe da realidade, sabemos que van facer un gran traballo, polo que non deben insultar á intelixencia da xente”.


“Non queremos nin estamos a danar a imaxe do Concello, máis ben estamos a protexela para que o proceso teña todas as garantías, porque a pregunta é como quedaría a imaxe do Concello se entra o familiar da concelleira do BNG. É a resposta é ben sinxela, se isto pasa o Concello quedaría de caciquil e dun cortijo do Bloque”, sinalaron desde o PP.


Finalmente, os populares tamén consideraron completamente extemporánea a petición dos nacionalistas para que dimita o voceiro municipal, Víctor Oubiña: “Non sabemos porque piden a súa renuncia, posto que esta demanda de transparencia e de igualdade de oportunidades xurde de todo o PP de Barro, non do grupo municipal, tal e como se indicou no comunicado inicial, pero en todo pedímoslle aos do Bloque que non se adianten aos acontecementos, que ao mellor teñen que dimitir todos eles. Pero en todo caso os que se poden dar por ‘dimitidos’ son os outros oito aspirantes a esta praza”.




No hay comentarios:

Publicar un comentario