O PP de Barro esixe a “máxima transparencia” no proceso de selección dun operario para evitar un “caso de enchufismo” ao concorrer dous familiares de concelleiras do goberno - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 15 de diciembre de 2025

O PP de Barro esixe a “máxima transparencia” no proceso de selección dun operario para evitar un “caso de enchufismo” ao concorrer dous familiares de concelleiras do goberno

  Xosé Manuel Fernández Abraldes y José Sanmartín, en el Concello de Barro

Xosé Manuel Fernández Abraldes y José Sanmartín, en el Concello de Barro                                                                                           

         Os populares anuncian que estará vixilantes para que se cumpra a limpeza da convocatoria e se garanta a igualdade de oportunidades ante a participación dun irmán dunha edil do PSOE e do marido dunha representante do BNG

         “Sabemos que é legal, aínda que non nos parece ético, e que o tribunal está conformado exclusivamente por persoal técnico, pero temos a sensación de que os outros oito aspirantes non teñen ningunha posibilidade”, sosteñen desde o PP ante o inicio, mañá, das probas

 

O Partido Popular de Barro vén de esixir a “máxima transparencia” no proceso de selección aberto polo Concello para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dun operario de servizos múltiples, xa que cre que debe evitarse, en aras da igualdade de oportunidades, un “caso de enchufismo”, posto que ao mesmo concorren dous familiares directos de senllas concelleiras do goberno local bipartito.

 

Os populares revelaron que o executivo encabezado por Xosé Manuel Fernández Abraldes leva meses perfilando este proceso de contratación de persoal malia que o pasado ano xa incorporou a un traballador para estas mesmas tarefas e, no mesmo, quedaron admitidos un total de dez aspirantes entre os que figuran un irmán dunha edil do PSOE e o marido dunha representante do BNG. As probas de selección arrancarán mañá, venres 12, ás 10.00 horas co primeiro exame.

 

Ante esta situación, desde o PP de Barro anunciaron que estarán vixilantes para que se cumpra de xeito escrupuloso e coas máximas garantías a limpeza desta convocatoria e que non se menoscabe a igualde de oportunidades no acceso a un emprego público.

 

“Sabemos que é legal que concorran a estes procesos, aínda que non nos parece ético posto que o alcalde e o goberno son os responsables do persoal municipal, e tamén coñecemos que o tribunal está conformado exclusivamentre por persoal técnico, pero temos a sensación de que os outros oito aspirantes non teñen ningunha posibilidade de facerse coa praza”, sosteñen desde o PP.

Neste senso, os populares de Barro indicaron que esta participación de familiares de distintos gobernos de esquerdas en procesos de selección estase a producir de maneira reiterada en máis municipios da provincia, “polo que semella que están a actuar máis como unha suposta axencia de colocación ante as malas perspectivas electorais nas próximas municipais que como un Concello que debe velar polos intereses xerais”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario