A Deputación de Pontevedra cunha resolución ven de adxudicar provisionalmente o acondicionamento da planta baixa do Edificio Multiusos. Extraemos parte da resolución:
A Presidencia, no uso das facultades que lle  confire a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de  outubro, de contratos do sector público RESOLVEU:
Adxudicarlle á empresa Construcciones  Abal, S.A. (CIF A36115459) para a execución da obra “Acondicionamento de planta baixa para servizos sociais no edificio multiusos do concello” (Barro),  polo prezo ofertado cen mil catrocentos vinte e tres euros con setenta e  tres céntimos (100.423,73 €), sen IVE, sendo a cantidade correspondente  ó IVE de 18.076,27 euros, o que fai un importe total de cento dezaoito  mil cincocentos euros con cero céntimos (118.500,00 €), cun prazo de  execución de 3 meses e control de calidade do 1%.
Máis información no seguinte enlace da Deputación Provincial.

No hay comentarios:
Publicar un comentario