O PP volve a gañar en Barro, e Landín acada a maioría absoluta outra vez - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 23 de mayo de 2011

O PP volve a gañar en Barro, e Landín acada a maioría absoluta outra vez

O PP volve a gañar en Barro, e Landín acada a maioría absoluta outra vez

O Partido Popular en Barro, volveu a revalidar da man do seu candidato, José Antonio Landín Eirín, unha nova maioría absoluta, cuns resultados de 1.313 votos, que representan o 55,94% dos votos emitidos, e que lle otorgan 6 concelleiros.
Estes resultados permitiranlle gobernar en solitario durante os vindeiros 4 anos. Con respecto ás anteriores eleccións locais do ano 2007, o PP en Barro, perdeu un concelleiro, que neste caso foi a parar ó PSOE.
Como segunda forza no concello, volve a repetir resultado o Bloque Nacionalista Galego, que encabezou Xosé Manuel Abraldes, e que obtivo 582 votos que lle supoñen 3 concelleiros, con un porcentaxe do 24,80%.
E como terceira forza, e que recuperou terreo con respecto ás anteriores eleccións, un descoñecido candidato, José Sanmartín, acadou para o PSOE, 2 concelleiros que lle otorgan un 17,55% e 412 votos.

  Gráfico con comparativa 2007/2011.

En clave máis política, podemos comprobar que existe unha fuga de votos da esquerda nacionalista cara o PSOE, que recolleu o descontento dunha política moi agresiva de Abraldes (BNG)nos últimos tempos, e que fixo que os nacionalistas perdesen masa social, por un voto máis moderado como tentou demostrar Sanmartín(PSOE) sobre todo na sua parroquia, Curro.
O PP, mantén a maioría absoluta, pero aínda que por só 43 votos, non mantivo os mesmos resultados que no ano 2007, evidencia que Landín(PP) deberá rematar os proxectos que ten en marcha como o polígono industrial de Curro ou as obras de Barosa, e darlle un novo enfoque á política municipal, ou do contrario podería acumular un desgaste excesivo nos vindeiros 4 anos se volta a presentarse á reelección.
Falaron os veciños de Barro aínda que preto dun 25% non acudiron a votar. Haberá que estar atentos á nova lexislatura que ten visos de ser moi activa dende o punto de vista social e político.





No hay comentarios:

Publicar un comentario