O obxecto da presente convocatoria é a selección de pequenos/as comerciantes da provincia de Pontevedra para ofrecerlles a oportunidade de recibir un asesoramento personalizado e presencial en Visual Merchandising adaptado ás necesidades concretas dos seus negocios.
O asesoramento pretende dotar aos responsables  de 50 comercios da provincia de Pontevedra dos coñecementos e  habilidades precisos para presentar os seus produtos de xeito que  resulten o máis atractivos posibles aos seus clientes, que aprendan a  proxectar un “punto de venda” que se diferencie pola súa imaxe coa  intención de conseguir que os pequenos comercios da provincia de  Pontevedra sexan recoñecidos por proxectar unha imaxe e uns valores  desexables como distintivo. 
- Estar incluídas nos epígrafes 64, 65 y 66 do Imposto sobre Actividades Económicas ou na rama 52 da CNAE.
 - Contar cunha antigüidade mínima de 6 ou máis anos.
 - Ter 3 ou menos empregados por conta allea e/ou titular.
 - Que a superficie da sala de ventas non supere os 150m2.
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario