O Presidente da Xunta fixo estas declaracións naa inauguración das obras de mellora da ponte da Illa de Arousa.
Feijóo destaca que a Xunta destinará máis de 110 millóns de euros durante os próximos cinco anos á conservación e seguridade dos 5.500 quilómetros da rede viaria autonómica.
E dentro deste contexto, o presidente galego tamén se referiu a outras infraestruturas para a comarca de Arousa como o novo acceso ao porto de Xufre, “polo que podemos circular nos próximos instantes”, ou a construción do inicio da autovía entre Vilagarcía e Pontevedra, no nó de Curro, actualmente en execución, “que permitirá o enlace áxil de boa parte das estradas do futuro, da gran comunicación pendente do Salnés co resto da provincia de Pontevedra e co resto de Galicia e España”.
Para ver o resto da noticia, pode consultarse aquí.

No hay comentarios:
Publicar un comentario