Valoración dos Socialistas de Barro das Eleccións Municipais 2011 no noso concello. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 31 de mayo de 2011

Valoración dos Socialistas de Barro das Eleccións Municipais 2011 no noso concello.

A agrupación socialista de Barro quere darlles as grazas a todas aquelas persoas que confiaron na nosa formación política, para mellorar os resultados e   acadar o segundo concellerio. Grazas a unha campaña chea de traballo e achegamento ós veciños e veciñas, para  dar a coñecer o noso proxecto de futuro e mellora para este concello.

Nunha xuntanza de militantes e simpatizantes celebrada o pasado venres, día 27 de maio, na Biblioteca Pública, fíxose,  una valoración da campaña destas eleccións así como dos resultados acadados. O candidato, José Sanmartín, fixo tamén a súa valoración e   agradeceu o traballo de compañeiros/as e daqueles veciños/as que, sen coñecelo, lle abriron as portas da súa casa para falar dos problemas que se viven día a día en cada parroquia, en particular, e no concello, en xeral. Houbo máis de catrocentas persoas que confiaron en nós. A elas vai o noso agradecemento máis profundo, sobre todo tendo en conta a situación política que se está a atravesar.

Os socialistas de Barro estamos contentos porque contamos cun concelleiro máis para os vindeiros catro anos; un resultado histórico, xa que nunca se contou con máis dun edil socialista neste concello.

Pero isto non nos debe dar por satisfeitos, senón que nos ten que servir de estímulo para traballar na boa dirección e mellorar ata chegar á Alcaldía. Contamos cun candidato que, dende a súa condición de sinxeleza e achegamento ás persoas, fixo que o ceñecesen e confiasen nel. Así foi e así vai seguir sendo para que dentro de catro anos, co traballo e o esforzo del e de todas aquelas persoas que se queiran sumar a este proxecto de futuro, se faga realidade e sexa o alcalde do concello de Barro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario