O Concello de Barro, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar Programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia, convoca novamente para o ano 2011 cursos formativos co fin de potenciar a súa integración no mundo laboral, acadar un maior enriquecemento cultural e persoal, fomentar a cultura entre os mozos e mozas e facilitar a autonomía e o acceso ó mercado laboralde quen desexe orientar o seu futuro en relación con calquera das actividades ofertadas. Ademais de favorecer o traballo en equipo, fomentar as relacións e servir de punto de encontro entre eles. Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos (ambos inclusive), residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que se adhira ó Programa.
No caso do Concello de Barro, o curso que se impartirá será o de Informática (iniciación).
Máis información no seguinte enlace da
Deputación de Pontevedra
No hay comentarios:
Publicar un comentario