Os rapaces do colexio Amor Ruibal participaron no programa BOCABERTA da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

lunes, 30 de mayo de 2011

Os rapaces do colexio Amor Ruibal participaron no programa BOCABERTA da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta

Bocaberta é un programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística levará a todos os concellos de Galicia, desde o pasado mes de outubro e ata finais deste mes, un total de 747 actividades, destinadas a fomentar o uso do galego entre os mozos e mozas entre 3 e 18 anos. A música pop, a maxia, a banda deseñada, os monicreques ou as tecnoloxías da información e da comunicación constitúen os principais ingredientes das actividades de Bocaberta, que se realizan en colaboración con 14 entidades, entre as que se atopan editoriais, discográficas, empresas de dinamización propiamente dita e artistas.

Este programa visitou o colexio Amor Ruibal o pasado 13 de maio.

Máis información da noticia, na web da SXPL da Xunta.

Se queres coñecer BOCABERTA, pincha neste enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario