AREEIRO ATOPA AS PRIMEIRAS MANCHAS DE MILDEU NAS VIÑAS DO SALNÉS E O ROSAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 8 de mayo de 2018

AREEIRO ATOPA AS PRIMEIRAS MANCHAS DE MILDEU NAS VIÑAS DO SALNÉS E O ROSAL




AVISO FITOSANITARIO EXTRAORDINARIO



O persoal técnico advirte de que é necesario tratar e extremar a vixilancia onde non se detectaran aparicións

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro vén de facer público no día de hox eun aviso fitopatolóxico extraordinario no que alerta da aparición das primeiras manchas de Mildeu nas viñas da zona do Salnés e do Rosal. Ante esta situación o persoal técnico aconsella tratar as vides e, no caso das parcelas nas que aínda non se detectaran indicios da patoloxía, extremar a vixilancia.

Segundo explica a técnica Rosa Pérez, hoxe mércores realizouse a visita semanal aos cultivos de O Salnés e O Rosal, e en sendas fincas de cada unha destas comarcas “atopamos a primeira mancha de aceite”. En ningún dos casos as manchas estaban esporuladas, xa que tampouco as condicións de temperaturas nocturnas rexistradas ata o de agora foran favorables a esta circunstancia.

Dado que as diferentes axencias meteorolóxicas anuncian tempo seco a partir de hoxe, con temperaturas aínda baixas de noite pero máis cálidas de día nos días inmediatos, pero subindo tamén as mínimas nos días seguintes “é necesario extremar ao máximo a vixilancia onde non se detectara mancha, e tratar no resto dos casos”.

O persoal de Areeiro lembra que cos funxicidas sistémicos ou penetrantes, que son os que se empregan nestes tratamentos, basta con que pase unha hora entre a aplicación e as choivas para que o produto penetre nas plantas e poida protexer as viñas. Ademais, tamén se pode engadir un ‘mollante’ ao caldo para favorecer a adherencia do funxicida ás plantas.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario