A Deputación destacou que
“as achegas, destinadas aos concellos de menos de 20.000 habitantes, teñen por
obxectivo atender ás demandas de urxente e puntual necesidade da veciñanza en
situación ou risco de exclusión social”
A
Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar a primeira relación
de axudas básicas de emerxencia para este ano 2018 por valor de 372.500 euros.
En total, benefícianse desta iniciativa 41 concellos da provincia de menos de
20.000 habitantes que poderán prestar apoio económico ás veciñas e veciños que
se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención ás
persoas con menores ao seu cargo.
A Deputación destacou que no marco destas achegas enmárcanse axudas
“que poden ser de diferentes tipoloxías, desde alimentación, ata vivenda,
pagamento de recibos, de produtos de hixiene e limpeza,
desprazamentos, lentes e audiófonos ou de produtos farmacéuticos; adquisición
de electrodomésticos básicos; gastos derivados de tratamentos de odontoloxía ou
produtos de apoio ou destinadas á infancia”. Neste contexto, Carmela Silva
subliñou a importancia destas achegas pola súa contribución a garantir as
necesidades básicas de familias en situación ou risco de exclusión social.
Máis polo miúdo benefícianse da iniciativa os
concellos da Cañiza, A Guarda, A Lama, Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu,
Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón,
Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Meaño, Meis, Moraña, Mos, Nigrán, O
Grove, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O
Porriño, Portas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda,
Soutomaior, Tomiño, Valga, Vilaboa, Vilanova de Arousa.
O ano pasado, as axudas básicas de emerxencia que
destinou a Deputación de Pontevedra aos concellos deron cobertura ás
necesidades básicas de 1.820 familias das que 1.573 tiñan menores ao seu cargo,
1.114 tiñan ambos proxenitores en situación de desemprego, 320 eran familias
monoparentais, 43 eran usuarias do Servizo de educación e apoio familiar , 45
eran persoas usuarias do Servizo de axuda no fogar e 9 eran vítimas de
violencia machista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario