A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CONVIDA Á CIDADANÍA Á SUMARSE AO SEU EQUIPO E PARTICIPAR NA CAMPAÑA “NADAL 2019” - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 19 de diciembre de 2019

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CONVIDA Á CIDADANÍA Á SUMARSE AO SEU EQUIPO E PARTICIPAR NA CAMPAÑA “NADAL 2019”




As unidades móbiles de ADOS visitarán a presente semana medio cento de concellos galegos co obxectivo de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a todos os cidadáns a doar na campaña “Nadal 2019” e, deste xeito, “sumarse ao noso equipo”, tal e como di o lema desta iniciativa especial. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns dos tipos A Negativo, A Positivo e Cero Negativo. 
Os períodos vacacionais, como o Nadal e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais. Neste sentido, lembrar que, todos os días, precisamos entre 400 e 500 doazóns para garantir a axeitada cobertura de compoñentes sanguíneos aos hospitais. 
Desprazamentos As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ata o vindeiro 21 de decembro, ao redor de medio cento de concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos. ADOS agarda, nesta oportunidade, contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos: 
DATA CONCELLOS 
Luns 16 de decembro Bo San Valentín (Fene), Arteixo, Cesuras, Bembibre (Val do Dubra), O 
Valadouro, A Gudiña, O Grove, Moraña e Salceda de Caselas 
Martes 17 de decembro Monfero, Arteixo, Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Tordoia, Forte- Camporrapado (Boqueixón), Castro de Rei, Castro Riberas de Lea, Trasmirás, Cualedro, Gondomar, Illa de Arousa e O Grove 
Mércores 18 de decembro Mugardos, Sada, Polígono de Icaria (Oleiros), Muros, Vimianzo, Forte- Camporrapado (Boqueixón), Mondoñedo, Rúa do Paseo (Ourense), Chapela (Redondela), Silleda e Vilanova de Arousa 
Xoves 19 de decembro Praza de España (Ferrol), Polígono de Icaria (Oleiros), Cambre, Camariñas, CRTVG (Santiago), Urb. Os Tilos (Teo), Lestedo (Boqueixón), Sarria, A Merca, Taboadela, Maceda, Bueu, Cambados e Ponteareas. 
Venres 20 de decembro Praza de España (Ferrol), Bo Novo Mesoiro (A Coruña), Noia, Padrón, Rois, Zas, Praza Maior (Lugo), Pobra de Trives, Ramirás, Cambados e Ponteareas 
Sábado 19 de decembro Baio (Zas), Neda, Noia, Padrón, Becerreá e Ponteareas 
Gabinete de Comunicación Axencia de Doazón de Órganos e Sangue Rúa Xoaquín Díaz de Rábago 2-6 15705- Santiago de Compostela Teléfono: 881 546900- Fax: 981 5931 51 Correo : doadoressangue.ados @ sergas.es 
INFORMACIÓN AOS MEDIOS 
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas. 
LUGAR HORARIO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO (Santiago) 
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña) 
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol) 
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08:00 ás 15.00 horas HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas 
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense) 
Luns das 08.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 15.00 ás 22.00 horas HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas 
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas 
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas 
Como colaborar Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida. 
Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón de páxinas nas principais redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter), unha páxina web: ados.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario